Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación mediante tramitación urxente do contrato que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: servicio de xestión económica e contratación.

Nº de expediente: 502/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: póliza de seguro contra todo risco de perdas ou danos materiais que se produza na Universidade de Vigo.

Lugar de execución: Universidade de Vigo.

Prazo de execución: un ano de conformidade co disposto na cláusula 5.2 do prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemeneto: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 114.620 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal, 46, anexo, 3º andar.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de bases.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

Lugar de presentación: entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Areal, 46, edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46, 1º andar.

Localidade: Vigo, 36201.

Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 4 de xullo de 2002.

P.D. (R.R. 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo