Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para 2002 do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A., con nº de código 3603002, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-6-2002, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, con data do 21-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 24 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación

ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

Salario convenio

Ano 2002

Categorías profesionais

Euros brutos

mes

-Técnicos titulados
Titulados universitarios superiores1.523,28
Titulados universitarios medios1.310,02

-Técnicos de taller
Xefe de taller1.127,23
Encargado990,13
Xefe de equipo755,13

-Técnicos de oficina
Delineante proxectista1.051,06
Delineante de primeira875,89
Delineante de segunda799,72
Auxiliar723,56

-Organizac. científica do traballo e admtvos.
Xefe de primeira1.111,99
Xefe de segunda1.035,83
Técnico ou oficial de 1ª898,74
Técnico ou oficial de 2ª807,34
Técnico ou oficial de 3ª769,26
Auxiliar725,08

-Persoal subalterno
Almaceneiro738,79
Vixilante708,32

-Operarios de taller
Oficial de 1ª845,42
Oficial de 2ª814,96
Oficial de 3ª776,88
Especialista755,13
Peón718,59

ANEXO II

Horas extraordinarias

Ano 2002

Prezos/hora para persoal non suxeito a prima de productividade.

Euros/hora

Categorías profesionaisDías laborab.Días non laborab.

-Técnicos titulados
Titulados universitarios superiores13,5015,16
Titulados universitarios medios11,6813,12

-Técnicos de taller
Xefe de taller10,1211,37
Encargado8,9610,07
Xefe de equipo7,017,87

-Técnicos de oficina
Delineante proxectista9,4810,65
Delineante de primeira7,998,98
Delineante de segunda7,428,25
Auxiliar6,707,53

Euros/hora

Categorías profesionaisDías laborab.Días non laborab.

-Organizac. científica do traballo e admtvos.
Xefe de primeira10,0111,23
Xefe de segunda9,3510,50
Técnico ou oficial de 1ª8,189,19
Técnico ou oficial de 2ª7,418,33
Técnico ou oficial de 3ª7,087,95
Auxiliar6,707,53

-Persoal subalterno
Almaceneiro6,827,67
Vixilante6,567,37

-Operarios de taller
Oficial de 1ª7,748,69
Oficial de 2ª7,478,40
Oficial de 3ª7,158,04
Especialista7,017,87
Peón6,707,53

Convenio colectivo 2001/2002

Almacenamientos y Montajes, S.A.

Importes modificados, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2002, dos artigos seguintes:

Artigo 15º.-Complemento de transporte.

3,88 euros/día.

Artigo 16º.-Prima de productividade.

0,56 euros/hora.

Artigo 17º.-Prima de posto.

a) 0,30 euros/hora.

b) 0,21 euros/hora.

Artigo 18º.-Complemento de nocturnidade.

0,69 euros/hora.

Artigo 19º.-Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

1. 0,22 euros/hora.

2. Ruídos:

a) 0,15 euros/hora.

b) 7,46 euros/ano.

Acta final de negociación da revisión

para o ano 2002 do convenio colectivo 2001/2002

Asistentes:

Representación da empresa:

Jorge Rodríguez Puime.

Representación dos traballadores:

Manuel Lago Prado (CC.OO.).

Alberto Bastero Pérez (CC.OO.).

Santiago M. Rodríguez González (UGT).

No Porriño, ás dezasete horas do día vinte de maio de dous mil dous, reúnense as persoas á marxe relacionadas co fin de formaliza-lo acordo da revisión das táboas salariais para o ano 2002 do convenio colectivo asinado no ano 2001, e logo de recoñecemento mutuo das partes da lexitimación que teñen para esta negociación, de acordo co artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Acordos:

* Revisión IPC de 2001.

Apróbase o diferencial de 0,7% entre o IPC real ó 31 de decembro de 2001, resultante de 2,7%, e o previsto, que foi de 2%.

Esta revisión é só para efectos de actualización de táboas para a aplicación do incremento para o ano 2002, non xera devengo de atrasos, é aplicable a tódolos conceptos salariais establecidos nas táboas anexo I, anexo II e a tódolos conceptos recollidos nos artigos 15º, 16º, 17º, 18º e 19º.

* Incremento para o ano 2002.

Apróbase o incremento do 3%, unha vez actualizadas as táboas coa revisión do 0,7% correspondente ó ano 2001, o oficialmente previsto, do 2% máis 1%, de acordo co punto 3º da letra a) do artigo 24 do convenio colectivo 2001/2002, en tódalas categorías profesionais e sobre as táboas que figuran no anexo I, así como sobre o resto dos conceptos, recollidos nos artigos: 15º.-Complemento de transporte, 16º.-Complemento de productividade, 17º.-Prima de posto, 18º.-Complemento de nocturnidade, e artigo 19º.-Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos. Estas condicións serán de aplicación con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Así mesmo, acórdase o mesmo incremento para os importes que figuran nas táboas anexo II, correspondentes ós prezos por horas extraordinarias.

Ratifícase o artigo 24 en tódolos seus puntos, polo que este incremento do 3% é de carácter provisional, á espera do que resulte ó 31 de decembro de 2002 con respecto ó 31 de decembro de 2001.

E en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar, ás dezanove horas da data indicada.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE