Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios das modalidades de bacharelato convocados pola Orde do 20 de marzo de 2002.

A Orde do 20 de marzo de 2002 (DOG do 18 de abril), pola que se convocaban os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato, correspondentes ó curso 2001/2002, establecía no seu artigo 8.2º que, de acordo coa proposta feita polo tribunal encargado de supervisar e avalia-las probas do premio extraordinario de bacharelato, o director xeral de Centros e Inspección Educativa concedería os premios extraordinarios de bacharelato.

Unha vez realizadas as citadas probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións presentadas e vista a acta coa proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-lo premio extraordinario das modalidades de bacharelato, correspondente ó curso 2001-2002, ós alumnos que figuran no anexo a esta resolución.

Segundo.-Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese recorrer, mediante recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Inspección Educativa, ou impugnar, mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Apelidos e nomeCentro educativoLocalidade

Abelenda Pazos, PatriciaIES Almirante Salvador MorenoMarín (Pontevedra)

Bujía López, CarmenIES Francisco AguiarBetanzos (A Coruña)

Campos Domínguez, AntonioIES Eusebio da GuardaA Coruña

Chamizo Mora, MarcosIES A Xunqueira IPontevedra

Cillero Vidal, YolandaCentro privado Compañía de MaríaA Coruña

Corbacho González, Estela MaríaIES A Xunqueira IPontevedra

Darriba Fernández, María IsauraIES Álvaro CunqueiroVigo (Pontevedra)

Fernández Seco, ÁlvaroIES Monte CasteloBurela (Lugo)

García Borregón Tenreiro, Ricardo E.Centro privado Manuel PeleteiroSantiago de Compostela

García Diéguez, AnaCentro privado Santa Teresa de JesúsOurense

Ladra González , SusanaCentro privado Manuel PeleteiroSantiago de Compostela

López Carregal, IriaIES Xoán MontesLugo

Mendoza Fernández, SabelaIES Rosalía de CastroSantiago de Compostela

Apelidos e nomeCentro educativoLocalidade

Nieto Dopazo, AriadnaCentro privado Santa MaríaOurense

Núñez Rivera, GuillermoIES San Tomé de FreixeiroVigo (Pontevedra)

Otero Marnotes, José AndrésIES Nº 1O Carballiño (Ourense)

Patiño Loira, JavierIES Santa IreneVigo (Pontevedra)

Pereira Pérez, Carmen LorenaIES Nº 11Coruxo-Vigo (Pontevedra)

Vázquez Pazos, DaríoCentro privado Compañía de MaríaA Coruña

Villar Sánchez, TomásIES Nosa Señora dos Ollos GrandesLugo

Yllanes Mosquera, DavidCentro privado Compañía de MaríaA Coruña