Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xuño de 2002 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 7 de marzo de 2002 (DOG do 20 de marzo), convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no primeiro e segundo prazo establecidos no punto quinto.1 do DOG do 20 de marzo de 2002, por importe total de 279.130 euros.

Segundo.-Recoller no anexo II as axudas denegadas.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedan obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta

a mesma, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

AXUDAS CONCEDIDAS

PRIMEIRO PRAZO

PROXECTOS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS.

CENTROPROXECTOSUBVENCIONPAIS

IES PORTA DA AUGAPROYECTO PEDAGOGICO DE INTERCAMBIO5107FRANCIA

IES SANTIAGO BASANTA SILVAINTERCAM CULTURAL VILALBA LA ROCHELLE9055FRANCIA

IES ARCEBISPO XELMIREZ 1LES CULTURES DES PAYS DE LA MEDITERRANEE5523ITALIA

IES RAFAEL DIESTEA CORUÑA-VAXHOLM5823SUECIA

IES NOSA SRA DOS OLLOS GRANDESINTERCAMBIO CON TIBBLE-GYMNASIUM6360SUECIA

IES XULIAN MAGARIÑOSINTERCAMBIO ESCOLAR4480FRANCIA

IES MARIA SARMIENTODESCUBRIENDO BRETAÑA2675FRANCIA

IES A PINGUELAGALICIA-BRETAÑA E O SEU CONTORNO4685FRANCIA

IES VILAR PONTECONNAISSANCE DUNE LANGUE DECOUVERTE DUN PAYS6400FRANCIA

IES PERDOUROVIAXE DE ESTUDIOS A ITALIA5885ITALIA

CPI ALTAMIRAINTERCAMBIO GALEGO BRETON-AURAY5870FRANCIA

IES N 1 DE OLEIROSUNHA APROXIMACION A BRETANA6934FRANCIA

IES A PARALAIAELABORACION DUN XORNAL PLURILINGUE5560SUIZA

CEIP FROEBELAPRENDER LINGUAS, APRENDER A CONVIVIR6535ITALIA

IES ROSALIA DE CASTROLA CONSTRUCCION EUROPEA7620FRANCIA

IES EUSEBIO DA GUARDAAMIENS 20027370FRANCIA

IES RIO CABEGALICIA BRETAÑA E O SEU CONTORNO4685FRANCIA

IES PORTOVELLOINTERCAMBIO: EJE MOTIVADOR APRENDIZAJE FRANCES2935FRANCIA

IES A FARIXAINTERCAMBIO: EJE MOTIVADOR APRENDIZAJE FRANCES2935FRANCIA

IES PORTO DO SONGALICIA E BRETAÑA: XEITOS DE VIDA E LUGARES...7370FRANCIA

IES CIDADE DE ANTIOQUIAINTERCAMBIO CULTURAL: EJE MOTIVADOR APRENDIZAJE FRANCES3685FRANCIA

IES EDUARDO BLANCO AMORINTERCAMBIO CULTURAL: EJE MOTIVADOS APRENDIZAJE FRANCES3935FRANCIA

IES MONTE DAS MOASCULTURAS EUROPEAS. MOEDAS E VALORES5696HOLANDA

IES MONTE CASTELOMIGRATORY MOVEMENTS: ITS CAUSES AND EFECTS5560HOLANDA

IES VILALONGADUNHA FISTERRA A OUTRA8300FRANCIA

IES ESCOLAS PROVALFACENDO UN ESPACIO INTERCULTURAL5620FRANCIA

IES DE BARROPAISAXE E ECONOMIA: ESTUDIO COMPARATIVO6120FRANCIA

IES CASTRO ALOBRELORRAINE PAIS DAS TRES FRONTEIRAS3620FRANCIA

CENTRO ESTUDIOS MARTIN CODAXO MERLIN GALEGO E O MERLIN BRETON8120FRANCIA

CPI CURROS ENRIQUEZOUR FIRST ADULT EUROPEAN...4910ALEMANIA

IES PEDRA DA AUGAA MUSICA DENTRO DO INTERCAMBIO CULTURAL5370FRANCIA

IES EDUARDO PONDALO BARROCO13395ITALIA

IES ROSALIA DE CASTROSE FORMER EN EUROPE9555FRANCIA

VISITAS PREPARATORIAS E DE ESTUDIO. PRIMEIRO PRAZO ORDE DO 7 DE MARZO.

CENTROPROXECTOSUBVENCIONPAIS

IES ARCEBISPO XELMIREZ 1GALICIA E ITALIA800ITALIA

IES EUGENIO LOPEZ Y LOPEZINTERCAMBIO ALUMNOS950SUECIA

IES DE FOZVISITA PREPARATORIA950GRECIA

CEP D.FLEMINGCOMIDA EN EUROPA950FINLANDIA

CEIP A MAGDALENACONTOS MITOS E LENDAS850HUNGRIA

IES MONTE CASTELOMANIFESTACIONS ARTISTICAS850REP. CRECA

CEIP CASTRELOTRADICION E CULTURA950SUECIA

SEGUNDO PRAZO

PROXECTOS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS.

CENTROPROXECTOSUBVENCIONPAIS

IES G TORRENTE BALLESTERO FRANCES VEHICULO DE ENTENDEMENTO5235ITALIA

CENTROPROXECTOSUBVENCIONPAIS

CPI O TOURALDESCUBRIMIENTO DE OTRAS CULTURAS EUROPEAS5560ITALIA

IES DE FOZINTERCAMBIO LINGÜISTICO6620FRANCIA

IES N 1 DE PONTEDEUMENOS FACEMOS EUROPA6760FINLANDIA

COMPAÑIA DE MARIAINTERCAMBIO LINGÜISTICO CULTURAL5380SUECIA

IES ARCEBISPO XELMIREZ 1INTERCAMBIO 20023870FRANCIA

COLEXIO LA SALLECONTOS MUSICA E BAILES ONTE E HOXE4890FRANCIA

IES LAURO OLMODE SUR A NORTE5885REINO UNIDO

COLEXIO APOSTOL SANTIAGOGALICIA KENT. TIERRAS DE PEREGRINACIONES3755REINO UNIDO

COLEXIO APOSTOL SANTIAGOLE MANS VIGO. DOS CIUDADES DE EUROPA3935FRANCIA

IES RAFAEL PUGA RAMONINTERCAMBIO ESCOLAR3199FRANCIA

COLEXIO LA SALLEINTERCAMBIO LINGÜISTICO CULTURAL SANTIAGO MALMO5780SUECIA

MARISTAS SANTA MARIAINTERCAMBIO4360IRLANDA

IES A XUNQUEIRA 1O CAMIÑO DE SANTIAGO EN GALICIA E EN PROVENCE4620FRANCIA

VISITAS PREPARATORIAS. SEGUNDO PRAZO.

CENTRO

PROXECTO

DATA

INICIO

DATA

FINAL

AXUDA

PAIS

IES A SANGRIÑASEN TITULO26-10-200231-10-2002850IRLANDA

ACEESCALA INTEGRACION DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDADES7-7-200214-7-2002950GRECIA

IES CARLOS OROZAPREPARACION INTERCAMBIO1-9-20025-9-2002650FRANCIA

CPI ALTAMIRAINTERCAMBIO GALEGO BRETON31-10-20025-11-2002650FRANCIA

CPI O CRUCESCHOOLS MOVING AHEAD16-2-200218-2-2002426BELXICA

CPI O CRUCESCHOOLS MOVING AHEAD16-2-200218-2-2002527BELXICA

IES BECERREASCHOOLS MOVING AHEAD16-2-200218-2-2002800BELXICA

ANEXO II

SOLICITUDES DENEGADAS

PRIMEIRO PRAZO

PROXECTOS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS.

CENTRO

PROXECTO

PAIS

MOTIVO

DENEGACION

CEIP A MAGDALENACONTOS MITOS E LENDASITALIAVIAXE DE INSUFICIENTE NUMERO DE DIAS

VISITAS PREPARATORIAS E DE ESTUDIO.

CENTROPROFESORSUBVENCIONPAIS

CEIP CASTRELOTRADICIÓN E CULTURA0DINAMARCA

CEIP CASTRELOTRADICIÓN E CULTURA0FRANCIA

CEIP CASTRELOTRADICIÓN E CULTURA0GRECIA

SEGUNDO PRAZO

PROXECTOS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS.

CENTRO

PROXECTO

PAIS

MOTIVO

DENEGACION

EOI DE VIVEIROICH BIN EIN BERLINERALEMAÑAVIAXE DE NOVE DIAS

VISITAS PREPARATORIAS.

CENTRO

PROXECTO

PAIS

MOTIVO

DENEGACION

IES O MEIXOEIROVISIE CONFERENCEHOLANDARENUNCIA