Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasifica-

ción esixida

206 P.O.L. 2002 Baleira.-Abstº auga a Rebedul Córneas, Fonte Cavada Surriba, Vilagarcía94.108,489 mesesNon se esixe

207 P.O.L. 2002 Baleira.-Abstº auga a Albaredo, Fontela, O Vilar dos Adrios, O Touzón, Pradera e Sanguñedo e Rego Pereira83.991,459 mesesNon se esixe

208 P.O.L. 2002 Baralla.-Depósito, captación e conducción para traída de augas ós Mazos e depósito en Sobrado de Picado72.121,456 mesesNon se esixe

210 P.O.L. 2002

Becerreá.-Abstº auga e saneamento a Morcelle

118.960,017 mesesNon se esixe

212 P.O.L. 2002 Navia de Suarna.-Abstº auga á Barcia e terminación da rede de Murias de Rao105.177,126 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasifica-

ción esixida

215 P.O.L. 2002 Riotorto.-Abstº auga á Granda Préstamo, A Taberna, Torre e O Muíñovedro86.450,006 mesesNon se esixe

223 P.O.L. 2002 Monterroso.-Saneamento e depuración augas residuais na parroquia de Leborei e en lugar de Podente (Esporiz)66.11,346 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior o remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada do prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigurosamente o cumprimento do plazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación agás ós sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 7 de xuño de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo