Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización polígono 1 PERI 4 Barreiro 2 (expediente 4375/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 4 de xullo de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de iniciativa municipal que desenvolve as previsións contidas no polígono 1, PERI 4, Barreiro 2, aprobado definitivamente en sesión plenaria do 18 de xuño de 2002 (expediente 7050/411) e redactado polas sociedades Petrra e Consultora Galega, S.L. en xuño de 2002.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través da publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio.

A documentación do presente expediente atópase a dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

Vigo, 4 de xullo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo