Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do día 25 de abril de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle no ámbito das parcelas de uso terciario e asistencial do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, promovido polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 142, do día 22 de xuño de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo