Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de notificación (expediente 653/2001).

De conformidade cos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, faise público, ás persoas que a continuación se relacionan, xa que intentada a notificación persoal, esta non puido ser practicada, que:

O Pleno do Concello de Ourense, en sesión extraordinaria do día 14 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Pleno do Concello de Ourense, por vinteún votos a favor e catro abstencións acordou:

1. Aprobar inicialmente, de oficio, o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo.

2. Somete-lo expediente ó trámite de información pública por un prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia e notificación persoal ós propietarios afectados, por delimitación de polígonos.

3. Suspende-la concesión de licencias, en todo o ámbito territorial afectado polo dito plan especial.

Este anuncio suple ás circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Eladio Castro López.

Herminia Álvarez González.

Rita Temes.

Dolores Pousa Iglesias.

César Pérez Freire.

Modesto Cid Benavides.

Emilio González Iglesias.

José Fernández Santiso.

Indalecio Cid Álvarez.

Julio Fernández Senra.

Olga García Rodríguez.

Celestino Novoa Iglesias.

Alfonso González Pérez.

Engracia Regueira Fernández.

José González Cid.

Celsa Quintana Cid.

Emilio González Iglesias.

Dolores González Casares.

Mª Carmen Temes Diéguez.

Ourense, 2 de xullo de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente