Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-8/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión do 21 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións no rueiro do ámbito catastral 95766, parcelas 01 a 09, situándose no lugar de Palavea Vella lindando ó norte coa estrada C-550, promovido por Construcciones Valle de Ulloa, S.L.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo dun mes de duración o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Información, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación satifaraos o promotor do proxecto.

A Coruña, 1 de xullo de 2002.

O alcalde

P.D.

José Federico Nogueira Fernández