Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente nº 9/2002.

Obxecto: instalación de medidas de seguridade na Facultade de Ciencias de Ourense.

Localidad: Ourense.

Importe licitación: 129.563,45 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 3 meses.

Expediente nº 19/2002.

Obxecto: planta de extracción con fluídos supercríticos.

Localidade: Ourense.

Importe licitación: 75.000 euros, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: os arriba indicadas. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: -- d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas. Definitivas: 4% dos importes adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado, edificio anexo, r/ Oporto nº 1, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 5 de xullo de 2002.

P.D. (R. 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo