Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación de servicios de publicidade internacional 2002 (C.P. 10/2002).

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase concurso público para a contratación de servicios de publicidade internacional 2002.

1. Entidade adxudicadora.

a)Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 10/2002.

2. Obxecto do contrato.

a)Descrición do obxecto: servicios de publicidade internacional 2002, conforme o especificado na cláusula 3 do prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: ata o 31 de marzo de 2003, prorrogable por acordo expreso das partes conforme os termos legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe total 600.000 euros.

5. Garantía provisional: 12.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría D, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría D, da Orde do 24 de novembro de 1982.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do 21 de agosto de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703 ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deber ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses dende a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: admítense variantes sobre planificación de medios e prezo.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o 3 de setembro de 2002 das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 12.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 2.500 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica