Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 13-5-2002.

Obxecto: construcción dun edificio para taller de mantemento naval.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Adxudicatario: Terramar Servicios Navales, S.L.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 13-5-2002.

Obxecto: construcción dunha estación de servicio para a subministración de carburantes e combustibles líquidos.

Porto: O Grove.

Adxudicatario: Map Grove, S.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 13-5-2002.

Obxecto: instalación dunha caseta de información de apoio e difusión do barco-museo boniteiro.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Concello de Burela.

Prazo: ata o 25 do outubro de 2015.

Resolución: 13-5-2002.

Obxecto: legalización de ocupación de local para almacén de utiles de pesca.

Porto: Burela

Adxudicatario: Madre Querida, C.B.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 30-5-2002.

Obxecto: legalización de ocupación de bar-restaurante anexo á nave da antiga lonxa.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Delfina Lestao Basanta.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 30-5-2002.

Obxecto: legalización de ocupación de aseos-bar anexo á nave da antiga lonxa.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Felicitas Eijo Basanta.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 7-6-2002.

Obxecto: instalacións da nova lonxa para a prestación do servicio de lonxa.

Porto: Cabo de Cruz.

Adxudicatario: Confraría de pescadores de Cabo de Cruz.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 7-6-2002.

Obxecto: construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

Porto: Baiona.

Adxudicatario: Ronáutica, S.A.

Prazo: 27 anos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia