Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Iniciativas Turísticas de Cambados (AIT Cambados).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Iniciativas Turísticas de Cambados (AIT Cambados), que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: municipio de Cambados.

Profesional: tódolas empresas que realicen actividades de hostalería ou relacionadas co sector turístico.

Asinan a acta de constitución: Ignacio Padín Vidal e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, vinte de xuño de dous mil dous.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra