Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002 pola que se lle outorga ó Restaurante Casa Elías, S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento dun centro regulador de crustáceos, no establecemento restaurante sito en Santa Catalina, s/n, Buño-Malpica (A Coruña).

Examinado o expediente iniciado por instancia de José Antonio López Villar (DNI 32416584-Q), en representación de Restaurante Casa Elías, S.L., no que solicita permiso de actividade para a posta en funcionamento dun centro regulador de crustáceos nas instalacións dun local restaurante sito en Santa Catalina, s/n Buño, Malpica (A Coruña).

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta que no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, no seu artigo 1 se recolle que o devandito centro regulador dependerá do establecemento matriz, formando parte do mesmo local aínda que separado, fisicamente na súa totalidade, da zona de atención ó público,

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta favorable da Delegación Territorial da Coruña do 3 de decembro de 2001, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar ó Restaurante Casa Elías, S.L., con CIF B-15491103, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento que se indica a continuación:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: Restaurante Casa Elías, S.L., sito en Santa Catalina s/n, Buño, Malpica (A Coruña).

- Especies: camarón (Palaemon serratus), lumbrigante (Homarus gammarus); lagosta (Palinurus elephas); nécora (Necora puber); centola (Maja squinado); boi (Cancer pagurus).

-Dominio público: non ocupa.

-Dominio privado: 10 m.

-Superficie de estabulación: 1 piscina de planta irregular de 4,44 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as siguintes condicións:

Primeira.-Terá unha vixencia de dez anos, que se contarán a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado. Esta petición deberá presentarse nos sesenta (60) días anteriores á fin da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda.-A localización e as obras de instalación do establecemento axustaranse ós planos e ó proxecto presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de (6) meses, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, e quedarán finalizadas no prazo dun (1) ano.

Finalizadas as obras, o titular comunicaralle este feito á delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura; na Orde do 16 de outubro de 1996, sobre centros reguladores de crustáceos, así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións; estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Sexta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias ou outras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Sétima.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados), ou acre

ditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS