En cumprimento do disposto no artigo 84.2º c) da Lei de cooperativas de Galicia, comunícase que a Asemblea Xeral da Sociedade Cooperativa de Traballo Asociado Limpofogar S. Coop. acordou a súa transformación en sociedade de responsabilidade limitada, polo que, en diante, utilizará o nome de Limpofogar, S.L.
En Caldas de Reis, provincia de Pontevedra o 29 de maio de 2002.
Josefa Torres Maqueira
Presidenta