Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a construcción do novo Hospital de Lugo mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 45, do 8 de febreiro de 2002, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos, edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 61, fax 981 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: construcción do Novo Hospital de Lugo por un importe de 117.245.126,77 A (IVE incluído).

3. a) Lugar de execución: Lugo.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción.

c) División en lotes: non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 72 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: División de Recursos Económicos do Sergas. Servicio de Xestión, teléfono 981 54 18 38.

Copias formato digital (CD): Copy Estudio, teléfono: 981 59 33 85.

Copinino, teléfono: 981 58 89 38.

Copy Nova, teléfono: 981 59 23 93.

Copias en papel DIN A-1: Copy Estudio: 981 59 33 85.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 2 de setembro de 2002.

b) Enderezo o que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua o linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) De se-lo caso, persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 13 de setembro de 2002 a partir das 9 horas na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas, San Lázaro, Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 36 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades:2002:

905.518,16 A.

2003: 15.025.302,61 A.

2004: 20.885.170,63 A.

2005: 20.885.170,63 A.

2006: 20.885.170,63 A.

2007: 23.890.231,15 A.

2008: 14.768.562,96 A.

10.-De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la a unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares: grupo C, subgrupo todos, categoría f; grupo I, subgrupo 5/6, categoría e; grupo J, subgrupo 1/2/4, categoría e.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas, teléfono 981 54 18 38.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 9 de xullo de 2002.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

P.D. (Decreto 45/2002 do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos