Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 6 de maio de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ó seu nome de servicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturarlle ó terceiro obrigado ó pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do sistema nacional de saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da

Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 70/2001, do 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 68, do 5 de abril de 2001), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar, deberán poñerse en contacto co servicio de facturación deste centro sanitario, teléfono 982 29 64 21 ou 982 29 64 01.

Para que conste, lle sirve de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 6 de maio de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

Nome do pacienteDNI

Gómez Prieto, Manuel11698074-K

Machado, Antero AugustoX-1454765-S

Maseda Rodríguez, Victoria33335343-V

Méndez Yánez, Carmen33719683-G

Trebolle Álvarez, Roberto33815388-Y