Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concursos públicos para a contratación dos expedientes 28/2002 e dous máis.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde de 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órga

nos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), convoca os seguintes concursos públicos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

c) Números de expedientes:

* C.P. 28, 29 e 30/2002 (subministración sucesiva).

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto:

* C.P. 28/2002. Adquisición de productos alimenticios non perecedoiros.

* C.P. 29/2002. Adquisición de productos alimenticios perecedoiros.

* C.P. 30/2002. Adquisición de productos alimenticios conxelados.

b) Número de unidades a entregar:

* C.P. 28/2002. Ver anexo C.P. 28/2002.

* C.P. 29/2002. Ver anexo C.P. 29/2002.

* C.P. 30/2002. Ver anexo C.P. 30/2002.

c) División por lotes e número:

* C.P. 28/2002. Ver anexo C.P. 28/2002.

* C.P. 29/2002. Ver anexo C.P. 29/2002.

* C.P. 30/2002. Ver anexo C.P. 30/2002.

d) Lugar de entrega:

* C.P. 28/2002. Servicio de hostalería (cociña).

* C.P. 29/2002. Servicio de hostalería (cociña).

* C.P. 30/2002. Servicio de hostalería (cociña).

e) Prazo de entrega:

* C.P. 28, 29 e 30/2002. Punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación:

* C. P. 28, 29 e 30/2002. Ordinaria.

b) Procedemento:

* C. P. 28, 29 e 30/2002. Aberto.

c) Forma:

* C. P. 28, 29 e 30/2002. Concurso.

4. Orzamento base de licitación.

* C. P. 28/2002: 38.583,23 A.

* C. P. 29/2002: 218.069,35 A.

* C. P. 30/2002: 80.339,60 A.

5. Garantía provisional.

* C. P. 28, 29 e 30/2002: provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-lo punto 10 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. (Unidade de Contratación).

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Telefax: 981 33 40 84.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do décimo quinto día natural a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse pola documentación sinalada no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar:

* C. P. 28, 29 e 30/2002: a especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

* Entidade: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. (Rexistro xeral).

* Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

* Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 28, 29 e 30/2002): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo punto 6 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

e) Entidade: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. (Sala de juntas).

f) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

g) Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: a partir das 10 horas.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a documentación se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios, será de 900 A.

Ferrol, 21 de xuño de 2002.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol