Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se aproban os temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso nas clases de persoal sanitario funcionario de inspectores médicos e subinspectores sanitarios.

De conformidade coas competencias atribuídas no artigo 4 c) da Orde do 14 de marzo de 2002 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, esta división

RESOLVE:

Punto único.-Aproba-los temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso nas clases de persoal sanitario funcionario de inspectores médicos e subinspectores sanitarios, que se publican como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Corpo: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Escala: de saúde pública e administración sanitaria.

Clase: inspectores médicos.

Grupo I

Parte xeral

Tema 1.-A Constitución española: estructura e contido. Os principios constitucionais. Os dereitos fundamentais. O Tribunal Constitucional. A regulación constitucional da xustiza. A organización xudicial española.

Tema 2.-A Administración pública: concepto. Administración e Constitución: principios constitucionais informadores. Administración e goberno.

Tema 3.-O Estatuto de autonomía de Galicia: natureza, estructura e contido. As institucións de autogoberno. Organización administrativa e territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 4.-A Lei xeral de sanidade (I). Obxecto e estructura da lei. Ámbito de aplicación. O sistema de saúde: principios xerais. Actuacións sanitarias. Saúde mental. Saúde laboral. Intervención pública en relación coa saúde individual e colectiva. Infraccións e sancións.

Tema 5.-A Lei xeral de sanidade (II). Competencias das administracións públicas en materia de saúde. Estructura do sistema sanitario público. A coor

dinación xeral sanitaria. Docencia e investigación no sistema nacional de saúde. O Instituto Carlos III.

Tema 6.-O Ministerio de Sanidade e Consumo: competencias. Breve referencia ó Insalud e ós servicios de saúde das comunidades autónomas con traspaso das funcións e servicios do Insalud.

Tema 7.-O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. As entidades xestoras da Seguridade Social. Servicios comúns da Seguridade Social: competencias.

Tema 8.-O Instituto Social da Mariña: natureza e competencias. A transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 9.-O réxime de exercicio das competencias autonómicas. Competencias sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia. Ordenación sanitaria de Galicia.

Tema 10.-A Consellería de Sanidade: estructura e competencias. O Servicio Galego de Saúde: natureza xurídica, estructura e competencias.

Tema 11.-As fontes do dereito administrativo. A xerarquía das fontes. A lei: concepto e clases. O regulamento. Fundamentos e límites da potestade regulamentaria.

Tema 12.-A Lei 30/1992: ámbito de aplicación e principios xerais. Órganos das administracións públicas: principios xerais e competencias; abstención e recusación. Os interesados.

Tema 13.-A actividade das administracións públicas. Dereitos dos cidadáns. Actos presuntos: Decreto 27/1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Termos e prazos.

Tema 14.-As disposicións e os actos administrativos: xerarquía e competencias; requisitos; eficacia; nulidade e anulabilidade.

Tema 15.-Os procedementos administrativos: iniciación, ordenación, instrucción, finalización e execución.

Tema 16.-A revisión dos actos en vía administrativa. O recurso ordinario. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

Tema 17.-Principios da potestade sancionadora e do procedemento sancionador. O procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Tema 18.-A responsabilidade patrimonial da Administración. A xurisdicción contencioso-administrativa. Concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo.

Tema 19.-A actividade administrativa do servicio público. Teoría xeral. Formas de xestión dos servicios públicos. Especial referencia ás autorizacións e concesións.

Tema 20.-Os contratos administrativos: natureza, características e clases. Formas de contratación, contido e efectos. Resolución, rescisión e renuncia.

Tema 21.-O persoal ó servicio das administracións públicas. Os principais modelos da función pública. Clases e persoal. Principios definidores do persoal estatutario, funcionario e laboral. A normativa básica estatal sobre a función pública.

Tema 22.-A Lei da función pública de Galicia. Trazos principais do réxime xurídico da función pública galega. Organización da función pública galega.

Tema 23.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Os dereitos de sindicación e folga. A Seguridade Social. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Análise específica das incompatibilidades no sector sanitario galego.

Tema 24.-Adquisición e perda da condición de funcionario. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Situacións administrativas. Selección de persoal.

Tema 25.-Réxime retributivo dos funcionarios ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Licencias, vacacións e permisos. Réxime disciplinario.

Tema 26.-O Estatuto dos traballadores: breve referencia ó ámbito de aplicación e ó contido. O persoal laboral ó servicio da Administración pública galega. O convenio único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Réxime disciplinario do persoal laboral.

Tema 27.-Os recursos humanos da Administración sanitaria. O Estatuto do persoal médico da Seguridade Social: ámbito de aplicación. Situacións. Dereitos e deberes. Funcións profesionais. Réxime disciplinario.

Tema 28.-O Estatuto de persoal sanitario non facultativo da Seguridade Social: ámbito de aplicación. Clasificación do persoal. Dereitos e deberes. Consideración das funcións profesionais. Xornada de traballo. Réxime disciplinario. Acción social.

Tema 29.-O Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación. Clasificación do persoal. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Consideración das funcións profesionais. Xornada de traballo. Réxime disciplinario. Acción social.

Tema 30.-O persoal dos centros sanitarios transferidos ó Sergas polas corporacións locais, polo Instituto Social da Mariña e por outros organismos e institucións: peculiaridades do seu réxime xurídico. O persoal das fundacións públicas e das sociedades anónimas da sanidade pública galega: rasgos definidores do seu réxime xurídico.

Tema 31.-Os modelos sanitarios no dereito comparado: especial referencia do acceso ás prestacións e ó financiamento.

Tema 32.-Modelo de financiamento da asistencia sanitaria da Seguridade Social española. Evolución histórica. Estudio comparativo con outros países. Especial referencia ó financiamento dos medicamen

tos no sistema sanitario público. As reformas sanitarias en Europa.

Tema 33.-A Seguridade Social: conceptos básicos. Evolución histórica e situación actual.

Tema 34.-A Lei xeral de Seguridade Social. Normas xerais, campo de aplicación e estructura do sistema de seguridade social. Estudio especial do réxime xeral e a súa comparación cos outros réximes.

Tema 35.-Prestacións por xubilación, morte e supervivencia, familiares por fillo a cargo. A protección por desemprego.

Tema 36.-A seguridade social dos funcionarios, sistema de mutualismos MUFACE, ISFAS, MUGEJU: diferencias co réxime xeral. Situación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 37.-As Comunidades Europeas: natureza, obxectivos e fins. As fontes do dereito comunitario: tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario no ordenamento xurídico español. As institucións comunitarias.

Tema 38.-A integración sanitaria en Europa. As actuacións da UE en materia sanitaria. Adaptación ós regulamentos comunitarios en materia sanitaria. Harmonización e coordinación en materia de seguridade social.

Tema 39.-Atención ó desprazado no sistema nacional de saúde e na Comunidade Económica Europea. Normativa legal.

Tema 40.-As organizacións internacionais. A ONU e as súas axencias especiais. A OMS. Referencia ós textos internacionais máis sobranceiros.

Tema 41.-Estatística sanitaria: conceptos xerais. Importancia nas ciencias da saúde. Concepto de poboación e mostra. A mostraxe: tipos e métodos. Razóns, taxas e índices.

Tema 42.-A probabilidade. Concepto de suceso e probabilidade. Estimación dunha probabilidade. Probabilidade condicional. Teorema de Bayes. A independencia estocástica.

Tema 43.-Estatística descritiva. Variables continuas e discretas. Distribución de frecuencias. Representación gráfica. Medidas de centralización. Medidas de dispersión. A distribución normal. A normalización de variables. Outras distribucións para variables discretas.

Tema 44.-Estatística analítica. A inferencia estatística. Métodos de inferencia. A estimación. Métodos de estimación. A estimación por intervalos: concepto de intervalo de confianza.

Tema 45.-O contraste de hipóteses e o valor do P. A hipótese nula. O erro tipo I e o erro tipo II. A potencia estatística.

Tema 46.-As distribucións muestrais. O teorema central do límite. A distribución chi-cadrado. As correccións para mostras pequenas. A correlación lineal. A regresión lineal.

Tema 47.-Epidemioloxía: conceptos xerais. O método epidemiolóxico asociado á casualidade. Tipos de variables e escalas de medida. Concepto, tipos e medidas do risco. Factores de risco. A utilidade do método epidemiolóxico no estudio das enfermidades.

Tema 48.-Epidemioloxía descritiva: conceptos básicos. Estudio das principais variables epidemiolóxicas: persoas, lugar e tempo. Tipos de estudio: transversais e ecolóxicos.

Tema 49.-Epidemioloxía analítica: conceptos básicos. Fases. Estudios prospectivos e retrospectivos. Estudio especial dos métodos de casos-control, cohortes e screning.

Tema 50.-Epidemioloxía experimental: protocolos, formulacións e análise dos resultados. Modelos epidemiolóxicos. Ensaios clínicos, características e aplicacións. Estudios cuase experimentais.

Tema 51.-A vixilancia epidemiolóxica. Principais métodos de vixilancia. Fontes de información en epidemioloxía, calidade e fiabilidade da información. A rede nacional de vixilancia epidemiolóxica. Declaración obrigatoria das enfermidades. Farmacovixilancia.

Tema 52.-Aplicación da epidemioloxía á toma de decisións. Avaliación da eficacia e da efectividade. Análise dos limiares de probabilidades. Árbores de decisións.

Tema 53.-Demografía sanitaria: conceptos básicos. Fontes demográficas. Principais indicadores sanitarios. Situación sanitaria no mundo: análise comparativa dos indicadores máis importantes.

Tema 54.-Valoración dunha poboación segundo a súa estructura por idade e sexo. Estudio da poboación activa. O crecemento da poboación: métodos e técnicas de estudio. Estructura da poboación española.

Tema 55.-Socioloxía sanitaria. Estructura e dinámica social. Técnicas de investigación social. Aplicacións na saúde pública.

Tema 56.-Economía sanitaria: conceptos básicos. A oferta e a demanda sanitaria. Natureza económica dos servicios sanitarios. Características do mercado dos servicios sanitarios.

Tema 57.-Avaliación económica da atención sanitaria. A avaliación económica no contexto da toma de decisións. Métodos de avaliación económica. Estudio dos custos sanitarios.

Tema 58.-Xestión analítica. Determinación de custos por servicio. Determinación de custos por hospitalización. Modalidades de distribución de custos.

Tema 59.-O concepto de informática. Tratamento de textos. A base de datos. A folla electrónica de cálculo. O paquete estatístico. Dispositivos de almacenamento de datos.

Tema 60.-Aplicación da informática no ámbito da saúde. Uso da Internet con fin sanitario: as principais bases de datos de bibliografía médica: acceso e utilidade.

Grupo II

Tema 1.-A inspección sanitaria: o seu papel no sistema nacional de saúde. Estudio especial da estructura organizativa e funcións na Comunidade Autónoma de Galicia. O Plan de Inspección Sanitaria.

Tema 2.-Planificación sanitaria: definición e conceptos básicos. Tipos de planificación para a saúde. As etapas do proceso de planificación.

Tema 3.-Estudio das necesidades sanitarias da poboación. Métodos e técnicas de determinación de necesidades. A determinación de prioridades: métodos e técnicas.

Tema 4.-O plan de saúde como elemento planificador. Estudio especial do Plan de Saúde de Galicia.

Tema 5.-Organización da atención primaria. Conceptos xerais. Evolución histórica. Ordenación da atención primaria en Galicia. As xerencias de atención primaria: estructura e funcións. O protocolo interno de actividade de financiamento en atención primaria.

Temas 6.-A asistencia sanitaria urxente. Conceptos xerais. O plan de urxencias extrahospitalarias. O 061.

Tema 7.-Organización da atención especializada: conceptos xerais. A súa ordenación en Galicia. Órganos de dirección. O protocolo interno de actividade de financiamento en atención especializada. Coordinación entre niveis. Novas formas de organización e xestión: estudio das fundacións sanitarias.

Tema 8.-O hospital: evolución histórica do concepto e funcións do hospital. Características dos recursos humanos e materiais hospitalarios. O hospital como centro de gasto e como unidade de producción económica.

Tema 9.-A planificación hospitalaria. A cama hospitalaria. A rexionalización hospitalaria. A planificación hospitalaria nos demais países da Unión Europea.

Tema 10.-Organización funcional dun hospital. Órganos de goberno. Rexistros hospitalarios. Indicadores de actividade e rendemento asistencial.

Tema 11.-Xestión hospitalaria. Modelos de xestión. Procesos de xestión. Control da xestión. Indicadores económicos.

Tema 12.-Seguridade hospitalaria. Medidas de protección en instalacións eléctricas. Protección antiincendios en centros sanitarios. Protección contra radiacións ionizantes. Normativa legal básica. Outros riscos do hospital.

Tema 13.-Xestión de refugallo sanitario. Conceptos básicos. Saúde laboral e refugallo. Refugallo radioactivo e biolóxico. Manexo de productos citostáticos. Regulación legal en Galicia.

Tema 14.-A información sanitaria: Definición. Sistemas e fontes. Principais sistemas de información sanitaria en España e Galicia. As estatísticas asistenciais e rexistros de declaración. A tarxeta sanitaria.

Tema 15.-Os sistemas de clasificación e codificación de enfermidades. Estudio especial da clasificación internacional de enfermidades, estructura e revisións.

Tema 16.-Os sistemas de rexistro sanitario asistencial. Estudio especial da historia clínica. Historia clínica en atención primaria e especializada. Datos básicos. Conservación da documentación. Os arquivos de historias. O conxunto mínimo básico de datos: concepto e lexislación vixente.

Tema 17.-Sistemas de información no ámbito hospitalario. Os sistemas de clasificación de pacientes: a súa finalidade e utilidade. Definición de case-mix. Principais sistemas de medidas do case-mix.

Tema 18.-Os concertos de asistencia sanitaria. Regulación legal. Procedemento de concertación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma. Requisitos. Especial referencia ós conceptos singulares na Comunidade Autónoma.

Tema 19.-Asistencia ambulatoria concertada. Os servicios de osíxeno-ventiloterapia e diálise a domicilio.

Tema 20.-Concepto de calidade sanitaria. Control, aseguramento e mellora continua da calidade. Principais modelos de control externo da calidade no ámbito da saúde.

Tema 21.-A acreditación como instrumento de verificación externa da calidade asistencial. Marco conceptual da acreditación de organizacións sanitarias. As experiencias internacionais. A acreditación docente en España. A acreditación sanitaria en Galicia (Decreto 52/2001).

Tema 22.-As ferramentas de traballo da acreditación. Definición de criterios e estándares. Metodoloxía de elaboración. O manual de acreditación. A metodoloxía do proceso de acreditación. O equipo de auditoría. Criterios e cualificación. A visita de acreditación. A elaboración do informe de auditoría. A análise dos resultados. O órgano de acreditación. A emisión do dictame. O plan de seguimento.

Tema 23.-A medicina baseada na evidencia. Protocolos e guías de práctica clínica. A Axencia de Avaliación das Tecnoloxías de Galicia.

Tema 24.-Centros, servicios e establecementos sanitarios. Normativa reguladora básica na Comunidade Autónoma de Galicia. Tipoloxía de centros, servicios e establecementos sanitarios con normativa específica na lexislación sanitaria estatal e autonómica.

Tema 25.-A acción protectora da Seguridade Social. Clases e contido das prestacións da Seguridade Social. A ordenación das prestacións sanitarias do sistema nacional de saúde: concepto, ámbito e principios informadores. Condicións e requisitos xerais. Modalidades das prestacións sanitarias. Prestacións non financiables. Reclamacións a terceiros.

Tema 26.-Os reintegros de gastos. Normativa reguladora. Referencia especial á súa tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia. As reclamacións asistenciais.

Tema 27.-O transporte sanitario. Normativa legal. Ordenación e regulación na Comunidade Autónoma de Galicia. Acreditación, inspección e avaliación.

Tema 28.-Os productos sanitarios: concepto, tipos e requisitos básicos. Efectos e accesorios como parte da prestación farmacéutica da Seguridade Social: normativa legal.

Tema 29.-As prestacións ortoprotésicas. Concepto. Normativa legal. Cobertura, inclusións e exclusións. Estudio da prestación na Comunidade Autónoma.

Tema 30.-A Lei do medicamento e lexislación complementaria. Lexislación e competencias da Comunidade Autónoma. A Lei 5/1999, de 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia. Os xenéricos.

Tema 31.-Avaliación e control da prestación farmacéutica. Normativa legal. Actuacións de avaliación e control na prescrición, dispensación e facturación. Oficinas de farmacia. O visado de receitas (medicamentos de especial control médico, especialidades de uso e diagnóstico hospitalario, hormona de crecemento).

Tema 32.-A receita médica. Normativa legal. A receita médica oficial no sistema nacional de saúde. Receitas oficiais de estupefacientes. Formulas maxistrais. Medicamentos estranxeiros. Dietoterapia.

Tema 33.-A publicidade no ámbito sanitario. Normativa legal.

Tema 34.-A saúde laboral: concepto. Ideas básicas recollidas na Lei xeral de sanidade. Situación actual en España. Medicina, seguridade e hixiene no traballo. Protección do traballador: disposicións legais. Os exames de saúde.

Tema 35.-Competencias en materia de saúde laboral da Administración autonómica laboral. Plan galego de seguridade e hixiene.

Tema 36.-A Lei de prevención de riscos laborais: obxecto e ámbito de aplicación. Política en materia de prevención para protexe-la seguridade e a saúde no traballo. Dereitos e obrigas. Consulta e participación dos traballadores. Normativa de desenvolvemento da Lei de prevención de riscos.

Tema 37.-Os servicios de prevención. O Regulamento dos servicios de prevención. Situación actual en Galicia: a Orde de 10-9-1999 sobre com

petencias da autoridade sanitaria establecidas no regulamento.

Tema 38.-Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Normativa legal vixente. Enfermidades do traballo.

Tema 39.-As mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Conceptos xerais, caracteres e normas reguladoras. Constitución e funcionamento. Servicios sanitarios e recuperadores. Servicios preventivos. Competencias en materia de incapacidade temporal. Coordinación coa administración sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Comisións de control e seguimento: definición, competencias, composición e constitución.

Tema 40.-A incapacidade temporal: concepto. Continxencias. Prestacións. Beneficiarios e requisitos. Nacemento, duración e extinción do subsidio. Perda e suspensión do dereito. Modificacións introducidas pola Lei 42/1994 e normativa de desenvolvemento.

Tema 41.-Procedemento de avaliación e control da incapacidade temporal na Comunidade Autónoma de Galicia. Normativa legal. Indicadores da incapacidade temporal. Estándares de duración. Factores obxectivos e subxectivos do absentismo laboral por incapacidade temporal.

Tema 42.-A incapacidade permanente: concepto. Clases. Graos, beneficiarios e prestacións. A súa cualificación e revisión. Lesións permanentes non invalidantes. As prestacións recuperadoras: beneficiarios e contido.

Tema 43.-Competencias do INSS en materia de incapacidade laboral. Os equipos de valoración de incapacidades: constitución, composición e funcións. Inicio, instrucción e resolución do procedemento na avaliación da incapacidade.

Tema 44.-A Lei 39/1999, de conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras. Excedencia por coidado de familiares. Protección da maternidade. Situacións protexidas. Risco durante o embarazo. Permiso por maternidade e paternidade.

Tema 45.-Os dereitos do enfermo en España. Os dereitos do paciente no sistema nacional de saúde. O artigo 10 da Lei xeral de sanidade. A responsabilidade civil, penal, disciplinaria e deontolóxica dos sanitarios no exercicio profesional.

Tema 46.-Persoal facultativo da Seguridade Social: réxime disciplinario. A información previa. O expediente sancionador: procedemento.

Tema 47.-A responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria. Tramitación e xestión de expedientes (R.D. 429/1993, do 26 de marzo e a Instrucción da Secretaría Xeral do Sergas de 12-2-1999).

Tema 48.-Valoración médica do dano corporal. Concepto de dano. Dano ás persoas no ámbito do dereito penal e civil. Nexo de causalidade. Estado anterior.

Tema 49.-Tablas e baremos de valoración. Sistema empírico. Criterio obxectivo de Fernández Rozas. Método Mac Bride simplificado. Método de Gautier. Baremo de invalideces postraumáticas de Melenecc. Baremo francés de AT y EP. Baremo da Sociedade de Medicina Legal e Criminoloxía de Francia. Requirimentos esixidos para determinadas profesiones. Permiso de conducción de vehículos de motor. Permiso de voo. Permiso de armas.

Tema 50.-Valoración do dano de acordo co baremo recollido na normativa de accidentes de tráfico (Lei 30/1995).

Tema 51.-Concepto de deficiencia, discapacidade e minusvalidez. Valoración da minusvalidez en España (R.D. do 23 de decembro de 1999).

Tema 52.-Informe médico dos danos ás persoas: informe sobre danos corporais. Estructura formal do informe. Informe de danos corporais en materia penal, civil y laboral.

Tema 53.-Principais patoloxías osteorticulares causantes de incapacidade. Valoración básica do dano e da incapacidade.

Tema 54.-Principais patoloxías psiquiátricas e de control xeral en atención primaria causantes de incapacidade. Valoración básica do dano e da incapacidade.

Tema 55.-Principais patoloxías cardiolóxicas e pneumolóxicas causantes de incapacidade. Valoración básica do dano e da incapacidade.

Tema 56.-Principais patoloxías oncolóxicas e cirúrxicas causantes de incapacidade. Valoración básica do dano e da incapacidade.

Tema 57.-Bioética e dereito. A ética nas profesións sanitarias: os códigos deontolóxicos das profesións sanitarias. O consentimento informado.

Tema 58.-Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal. Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 59.-Regulamento da interrupción voluntaria do embarazo. Fertilización in vitro. Inseminación artificial. Manipulación xenética. Transplante de órganos. Hemodoazón e bancos de sangue.

Tema 60.-Os ensaios clínicos. A súa regulación na Comunidade Autónoma de Galicia. Os comités de ética.

ANEXO II

Corpo: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Escala: de saúde pública e administración sanitaria.

Clase: subinspectores sanitarios.

Grupo I

Tema 1.-A Constitución española: estructura e contido. Os principios constitucionais. Os dereitos fundamentais. O Tribunal Constitucional. A regu

lación constitucional da xustiza. A organización xudicial española.

Tema 2.-O Estatuto de autonomía de Galicia: natureza, estructura e contido. As institucións de autogoberno. Organización administrativa e territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico de exercicio das competencias autonómicas.

Tema 3.-Competencias sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia. Ordenación sanitaria de Galicia. A Consellería de Sanidade: estructura e competencias. O Servicio Galego de Saúde: natureza xurídica, estructura e competencias.

Tema 4.-A Lei xeral de sanidade: obxecto e estructura. Ámbito de aplicación. Principios xerais do sistema de saúde. Actuacións sanitarias. Estructura do sistema sanitario público.

Tema 5.-Competencias do Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais en materia sanitaria. A alta inspección. Coordinación entre as administracións públicas. O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Tema 6.-A Lei 30/1992: ámbito de aplicación e principios xerais. Dereitos dos cidadáns. Termos e prazos. As disposicións e os actos administrativos: xerarquía e competencia; requisitos; eficacia dos actos.

Tema 7.-Os procedementos administrativos: iniciación, ordenación, instrucción, finalización e execución.

Tema 8.-A revisión dos actos en vía administrativa. O recurso ordinario. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

Tema 9.-O persoal ó servicio das administracións públicas. Clases de persoal. Principios definidores do persoal estatutario, funcionario e laboral. Lexislación aplicable, a Lei de medidas para a reforma da función pública: o seu carácter de normativa básica. A Lei da función pública de Galicia.

Tema 10.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Análise específica das incompatibilidades no sector sanitario galego.

Tema 11.-Adquisición e perda da condición de funcionario. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Situacións administrativas. Selección de persoal.

Tema 12.-Réxime retributivo dos funcionarios ó servicio da Administración autonómica. Licencias, vacacións e permisos. Réxime disciplinario dos funcionarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 13.-O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Especial referencia ó estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social. Ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, breve conside

ración das funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 14.-Os dereitos do enfermo en España. Regulación no ordenamento civil e no ámbito penal. Os dereitos do paciente no sistema nacional de saúde. O artigo 10 da Lei xeral de sanidade.

Tema 15.-A ética nas profesións sanitarias: os códigos deontolóxicos das profesións sanitarias, os ensaios clínicos e os comités de ética.

Tema 16.-A Lei xeral de Seguridade Social. Normas xerais, campo de aplicación e estructura do sistema da Seguridade Social. Estudio especial do réxime xeral e a súa comparación cos outros réximes.

Tema 17.-A acción protectora da Seguridade Social. Clases e contido das prestacións da Seguridade Social. A ordenación das prestacións sanitarias do sistema nacional de saúde.

Tema 18.-Prestacións por xubilación, morte e supervivencia, familiares por fillo a cargo. A protección por desemprego.

Tema 19.-Normativa reguladora do consentimento informado e da historia clínica na Comunidade Autónoma de Galicia: Obxecto, definición e características do consentimento informado. Definición, requisitos, propiedade, custodia e acceso da historia clínica dos doentes.

Tema 20.-A seguridade social dos funcionarios, sistema de mutualismos MUFACE, ISFAS, MUGEJU: diferencias co réxime xeral. Situación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 21.-Planificación sanitaria: definición e conceptos básicos. Tipos de planificación para a saúde. As etapas do proceso de planificación.

Tema 22.-Planificación extratéxica: conceptos básicos. Etapas de planificación estratéxica. A súa aplicación no campo sanitario.

Tema 23.-Identificación dos problemas e necesidades de saúde: métodos e técnicas. A determinación de prioridades.

Tema 24.-Avaliación económica da atención sanitaria. A avaliación económica no contexto da toma de decisións. Métodos de avaliación económica. Estudio dos custos sanitarios.

Tema 25.-O concepto de informática. Tratamento de textos. A base de datos. A folla electrónica de cálculo. O paquete estatístico. Dispositivos de almacenamento de datos.

Grupo II

Tema 1.-Concepto de saúde. Medicina preventiva e saúde pública: evolución histórica e situación actual. Saúde comunitaria: conceptos básicos. Factores condicionantes da saúde. Planificación, xestión e avaliación dun programa de saúde comunitaria.

Tema 2.-Demografía sanitaria. Fontes dos datos demográficos. Factores demográficos. Aspectos estructurais básicos dunha poboación. Dinámica da poboación.

Tema 3.-Epidemioloxía: conceptos xerais. O método epidemiolóxico asociado á causalidade. Factores de risco. A utilidade do método epidemiolóxico no estudio das enfermidades.

Tema 4.-Estatística sanitaria: conceptos xerais. Importancias nas ciencias da saúde. A mostraxe: tipos e métodos. Ordenación e formas de representación gráfica. Razóns, taxas e índices.

Tema 5.-Métodos de investigación social. Indicadores sociais e sanitarios. A recollida de datos. Fiabilidade. Elaboración e interpretación de datos estatísticos. Representación gráfica.

Tema 6.-Medidas de centralización e dispersión. Conceptos e aplicacións. Distribución de variables continuas. A curva normal.

Tema 7.-O traballo: conceptos. Organización científica do traballo. Medicina, seguridade e hixiene no traballo. Bases fisiolóxicas do traballo. Protección do traballador: disposicións legais. A saúde laboral na Lei xeral de sanidade.

Tema 8.-Hixiene dos locais de traballo. Principais factores morbíxenos do medio laboral. Medidas de prevención. Os exames de saúde laboral.

Tema 9.-Plan galego de seguridade e hixiene. Competencias en materia de saúde laboral da Administración autonómica.

Tema 10.-A Lei de prevención de riscos laborais: obxecto e ámbito de aplicación. Conceptos xerais. Competencias da Administración laboral e sanitaria. A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Tema 11.-Organización de recursos para a actividade sanitaria dos servicios de prevención propios. Organización de recursos para a actividade sanitaria dos servicios de prevención alleos.

Tema 12.-Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Normativa legal vixente. Enfermidades do traballo.

Tema 13.-As mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Conceptos xerais, caracteres e normas reguladoras. Constitución e funcionamento.

Tema 14.-Competencia das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais en materia de incapacidade temporal, coordinación coa Administración sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 15.-A incapacidade temporal: concepto. Continxencias. Prestacións. Beneficiarios e requisitos. Nacemento, duración e extinción do subsidio. Perda e suspensión do dereito.

Tema 16.-Procedemento de avaliación e control da incapacidade temporal na Comunidade Autónoma de Galicia. Normativa legal. Indicadores da incapacidade temporal. Factores obxectivos e subxectivos do absentismo laboral por incapacidade temporal.

Tema 17.-A invalidez: concepto. Clases. Graos de invalidez, beneficiarios e prestacións. A súa cualificación e revisión. Lesións permanentes non invalidantes. As prestacións recuperadoras: beneficiarios e contido.

Tema 18.-Normativa reguladora das prestacións do Sistema da Seguridade Social por maternidade e risco durante o embarazo. (Real decreto 1251/2001, do 16 de novembro).

Tema 19.-Competencias do INSS en materia de incapacidade laboral. Os equipos de valoración de incapacidades: constitución, composición e funcións. Inicio, instruccción e resolución do procedemento na avaliación da incapacidade.

Tema 20.-A ordenación das prestacións sanitarias no sistema nacional de saúde: concepto, ámbito e principios informadores. Condicións e requisitos xerais. Modalidades das prestacións sanitarias. Prestacións non financiables. Reclamacións a terceiros.

Tema 21.-Normativa reguladora das prestacións ortoprotésicas na Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento de reintegro de gastos por asistencia sanitaria con medios alleos.

Tema 22.-Normativa reguladora do transporte sanitario na Comunidade Autónoma de Galicia, obxecto e ámbito de aplicación, clasificación dos medios de transporte e as súas características técnico-sanitarias.

Tema 23.-Regulación das técnicas de terapia respiratoria a domicilio, concepto e requisitos para a súa indicación.

Tema 24.-Os concertos de asistencia sanitaria. Regulación legal. Procedemento de concertación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma. Requisitos. Especial referencia ós concertos singulares na Comunidade Autónoma.

Tema 25.-A atención primaria. Conceptos xerais. Ordenación da atención primaria en Galicia. As xerencias de atención primaria: estructura e funcións.

Tema 26.-A asistencia sanitaria urxente. Conceptos xerais. O plan de urxencias extrahospitalarias.

Tema 27.-Programas especiais de mellora da asistencia sanitaria. Sistema de citación previa. Unidades de extracción periférica. Desprazamento de especialistas. Programación de consultas. A enfermería nestes programas.

Tema 28.-A atención especializada: conceptos xerais. A súa ordenación en Galicia.

Tema 29.-Organización funcional dos hospitais. Órganos de goberno. Os rexistros hospitalarios. Indicadores de actividade e rendemento asistencial.

Tema 30.-O persoal de enfermería en atención primaria. Organización e funcións. Administración e función da enfermería en centros de saúde e ambulatorios.

Tema 31.-A consulta de enfermería. Contido. A visita domiciliaria. Metodoloxía. Visita domiciliaria con carácter investigador. Visita domiciliaria con carácter asistencial.

Tema 32.-O persoal de enfermería nos hospitais. Organización e funcións. Administración e avaliación da enfermería nos hospitais.

Tema 33.-Regulación do conxunto mínimo básico de datos de alta hospitalaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 34.-Hospitalización a domicilio. Concepto. Consideracións xerais como alternativa asistencial.

Tema 35.-A tarxeta sanitaria. Os sistemas de información sanitaria: definición e concepto. Os sistemas de clasificación e codificación das enfermidades. Definición de case-mix. Principais sistemas de medidas do case-mix.

Tema 36.-Principais indicadores de rendibilidade hospitalaria. Indicadores de avaliación do rendemento cuantitativo:

-De carácter xeral.

-Específicos de servicios cirúrxicos.

-Específicos de servicios xerais de diagnóstico e tratamento.

-Específicos de rehabilitación.

Tema 37.-A prestación farmacéutica do sistema nacional de saúde no réxime ambulatorio. A receita oficial do sistema nacional de saúde. Regulación da receita de estupefacientes -Orde ministerial do 25 de abril de 1984-. Os efectos e accesorios como parte da prestación farmacéutica.

Tema 38.-Servicios farmacéuticos hospitalarios. A prestación farmacéutica en réxime de hospitalización. Medicamentos de diagnóstico e tratamento hospitalario. Condicións de prescrición, dispensación e facturación.

Tema 39.-Normativa que regula o financiamento selectivo de medicamentos polo sistema nacional de saúde. Información sobre medicamentos dirixida ós profesionais sanitarios e público en xeral.

Tema 40.-O sistema de información sanitaria nos hospitais do Sergas, control da demanda de actividade programada de hospitalización e cirurxía, tipos de listados, colas de programación e criterios de baixa nas colas de programación.

Tema 41.-Normativa reguladora de autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, solicitude e tramitación. Concepto e clasificación de centros, servicios e establecementos sanitarios.

Tema 42.-A Inspección de Servicios Sanitarios, organización e funcións.

Tema 43.-Acreditación dos centros hospitalarios na Comunidade Autónoma de Galicia. Normativa reguladora e procedemento de acreditación.

Tema 44.-O equipo de auditoría. Criterios e cualificación. A visita de acreditación. Os instrumentos de traballo: a enquisa, a análise documental e a inspección.

Tema 45.-Os protocolos: concepto. A súa importancia dende o punto de vista sanitario. A elaboración de protocolos.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA