Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de xullo de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O Decreto 17/2002, do 1 de febreiro, fixa a estructura orgánica da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, creando a Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa.

O Decreto 73/2002, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, crea na Dirección Xeral de Relacións Institucionais o Servicio de Coordinación.

Todo isto, así como a adecuación do cadro de persoal da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ás súas necesidades de funcionamento, leva a modifica-la vixente relación de postos de traballo da devandita consellería.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xullo de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de xullo de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública