Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/68-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2 Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Santo Domingo II.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV de 55 m con orixe no C.T. Docabo e remate no C.T. Santo Domingo II, proxectado en soto de edificio, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de xuño de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense