Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/11-2, 5789 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Torre Frontón.

Situación: Pantón.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 1,762 km con orixe no apoio nº 34 da L.M.T. Os Peares-Monforte, conductor tipo LA-56 e final en L.M.T. derivación a C.T. de Frontón. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 0,043 km con orixe no apoio nº 6 de L.M.T. Torre-Frontón, conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Torre. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 0,518 km con orixe no apoio nº 15 de L.M.T. Torre-Frontón, conductor tipo LA-56 e final en L.M.T. derivación a C.T. de Frontón. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación

de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,99 km con orixe no C.T. Torre, conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 4 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo