Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/56-2, 5112 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. no Campo da Feira.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. Sarria-1 e remata no apoio número 4 ó C.T. do Campo da Feira de 310 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-110. L.M.T. subt. con orixe no apoio número 4 da L.M.T.

aérea ó C.T. do Campo da Feira e remate no C.T. proxectado do Campo da Feira de 310 m de lonxitude a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. C.T. prefabricado de interior do Campo da Feira de 400 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do Campo da Feira de 325 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. subt. do Campo da Feira de 40 m de lonxitude a 380/220 V baixo tubo en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 3 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo