Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (894/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 894/2001 por instancia de José Antonio Quintáns Rodríguez e outros contra a empresa Necso Entrecanales y Cubiertas, S.A. e contra a empresa Manuel Resua Otero sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 6-6-2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que, estimando a demanda formulada por José Antonio Quintáns Rodríguez, José Francisco Naveira García e Antonio Doldán Aguiar, contra a empresa Manuel Resua Otero, condeno a mesma a aboarlle a cada un deles a cantidade de 1.106,42 euros, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíquenselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos de súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Manuel Resua Otero, expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado