Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (96/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 96/2002, por instancia de Victoria Ribeiro Pedreira contra a empresa Fátima María Rosario Fraga Alvedro sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 4-6-2002, que copiada nos particulares di así:

«Que, estimando a demanda formulada por María Victoria Ribeiro Pedreira, contra a empresa Fátima María Rosario Fraga Alvedro, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.536,61 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso algún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Y para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fátima María

Rosario Fraga Alvedro, expido e asino esta cédula na Coruña o 4 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado