Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (297/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 10 da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Josefa Vázquez Anido, contra Manuel Seoane García, sobre demanda de divorcio número 297/2002, dictouse o seguinte edicto:

«Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada nesta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número 10 dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 297/2002, por instancia de Josefa Vázquez Anido, representada pola procuradora Ana García-Boente, pola presente e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se xuntan, confírese traslado desta e emprázase á demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste á demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste, e sirva de emprazamento á parte demandada Manuel Seoane García, estendo a presente cédula na Coruña, 10 de xuño de 2002».

Secretaria xudicial

Rubricado