Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.802

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (14/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 10 da Coruña, dou fe que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 14/2001, acordouse, por resolución con data do 10 de xuño de 2002, a citación de Armando Lopes Teixeira mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número 10 da Coruña, e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 14/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Armando Lopes Teixeira, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 29 de xullo ás 10 horas compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non verificalo, pararanlle os prexuízos a que houbera lugar en dereito.

A Coruña, 10 de xuño de 2002.

A secretaria

Rubricado