Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.802

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)

EDICTO (298/2001).

Ana López-Medel Bascones, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, sección cuarta, fago saber que nesta sala se segue o recurso de casación para a unificación de doutrina número 289/2001 interposto por María Dolores Álvarez González e outros, contra Grupo Empresarial Ence S.A. e outros, foi dictada a seguinte resolución:

Xúntase copia:

E para que sirva de notificación a Manuel Louzán Rodríguez e Ángel Cano Balbas, actualmente en domicilio descoñecido ou ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Madrid, 5 de xuño de 2002.

O secretario

Rubricado

Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Sala do Social, sección cuarta.

RCUD nº 289/2001, RS nº 3028/2001, autos nº 446/1998 M-4.

Cédula de notificación e emprazamento.

No recurso de casación para a unificación de doutrina á marxe referenciado, interposto pola parte demandada Grupo Empresarial Ence, S.A. e sendo a parte recorrida Mª Dolores Álvarez González e outros e o Ministerio Fiscal, dictouse a seguinte:

Providencia:

Sr. Luelmo Millán:

Presidente.

Sr. Gil Olmo López.

Sra. Ureste García.

En Madrid, 9 de maio de 2002.

Tense por preparado en tempo e forma pola parte demandada no procedemento, recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentencia dictada neste proceso. Iníciese peza separada co escrito de preparación do citado recurso. E segundo o establecido no artigo 206 da vixente Lei de procedemento laboral, emprácense ás partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a Sala do Social do Tribunal Supremo a usar do seu dereito no prazo de quince días hábiles e no prazo de vinte días, proceda a interpoñer recurso, contados ámbolos dous prazos desde a data de notificación da presente cédula e, verificado, remítanse as actuacións dentro dos cinco días seguintes ó do emprazamento con atento oficio ó dito Alto Tribunal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Na súa virtude para que sirva de notificación e emprazamento á parte a quen por medio da presente notificación emprazo para que no prazo de quince días, compareza ante a Sala do Social do Tribunal Supremo a facer uso do seu dereito en mérito de recurso de casación interposto, expido a presente en Madrid e coa mesma data de resolución dictada.

O secretario

Rubricado