Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xuño de 2002 pola que se autoriza a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola específica de música municipal Adaxe, da Cañiza (Pontevedra).

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que se poderán cursar, en escolas específicas, estudios de música ou danza, que en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con validez académica ou profesional. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

A escola específica de música municipal Adaxe, da Cañiza (Pontevedra), foi inscrita no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 4 de marzo de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 4 de abril).

O Concello da Cañiza, titular desta escola de música, solicita a baixa no citado rexistro por cesamento das súas actividades.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola específica de música municipal Adaxe, da Cañiza (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modi

ficación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Cañiza.

Localidade: A Cañiza.

Enderezo: Casa da Cultura da Cañiza. Estrada nac. 120, s/n.

Código do centro: 36020121.

Titular: Concello da Cañiza.

Denominación xenérica: escola de música.

Denominación específica: municipal Adaxe.

Autorización de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia por cesamento de actividades.