Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.778

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xullo de 2002 pola que se regulan e protexen os datos de carácter persoal existentes na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nas secretarías xerais dependentes do presidente da Xunta de Galicia.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE, nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Na súa virtude, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública,

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante a presente orde a Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública crea o ficheiro especificado no anexo, que contén a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigacións recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ós que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e polo persoal debidamente autorizado.

Catro.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

ANEXO

Ficheiros de nova creación nos sistemas informáticos da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

CDP, Control de presencia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Control do persoal laboral mediante a recollida diaria das fichaxes realizadas dos terminais horarios.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal.

Persoal laboral da Xunta de Galicia.

c) Clasificación do ficheiro e medidas de seguridade.

-Clasificado de nivel básico, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

-As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública).

d) Estructura básica.

-Base de datos.

e) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, NIF, nome e apelidos, número de rexistro persoal, número de tarxeta persoal.

-Datos de detalles de emprego: unidade administrativa á que pertence.

f) Órgano responsable do ficheiro:

-Inspección Xeral de Servicios.

-Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

g) Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

-Poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela.

h) Órgano responsable da seguridade do ficheiro.

-Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

-Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

i) Procedemento de recollida de datos.

-Formulario papel.

j) Cesión de datos: ningunha.

Disposicións adicionais

No caso de cesión dos datos ós Servicios de Estatística das Administracións Públicas haberá que aterse, ademais, ó disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposicións derradeiras

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA