Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 25 de abril de 2002, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó público polo prazo de oito días seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a lici

tación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do Concello.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: acondicionamento e mellora do C.L. Mámoas-Corbite (Santa Mariña). Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente. Aberto. Concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección: trinta e un mil catrocentos sesenta euros. Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías. Provisional: seiscentos trinta euros. Definitiva: catro por cento do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Guitiriz, Secretaría; rúa General Franco, 4. Teléfono e fax: 982 37 01 09. Ata o día anterior a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas: prazo de trece días, excluídos sábados, seguintes á publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, de nove a catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: tres meses contados desde o día de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente co sábado, ás trece horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 10 de xuño de 2002.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa