Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 19 de xuño de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación dos servicios de mantemento de zonas verdes da Cidade de Lugo. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o mantemento e conservación de zonas verdes públicas da cidade de Lugo segundo o establecido no prego de prescricións técnicas redactado polo xefe dos Servicios de Parques e Xardíns.

d) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 39.000,00 euros, non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 780,00 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información. ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábados ou festivos) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

11. Gastos dos anuncios: 952,16 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 24 de xuño de 2002.

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria