Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-11/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 13 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle do Centro das Artes da Deputación Provincial da Coruña, promovido pola Deputación Provincial

da Coruña, coa condición de que presenten un novo texto refundido coas consideracións que se determinan no informe muncipal de data 29 de abril de 2002, achegando tres copias del.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP en virtude do artigo 48.2º da LSG.

Terceiro.-Notifica-la Deputación Provincial da Coruña.

Cuarto.-De conformidade co artigo 48.3º da LSG, comunica-lo presente acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Daráselle debido traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do novo texto refundido que presentará a promotora trala aprobación definitiva.

Quinto.-Contra o anterior acordo caberá interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe intepor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 4 de xuño de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo