Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición pola Consellería de Sanidade, mediante subministración sucesiva, de vacinas, para o período 2002/2003, para o Programa Galego de Vacinacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C-196/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición mediante subministración sucesiva, de vacinas, para o período 2002/2003, para o Programa Galego de Vacinacións.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega: nos distintos puntos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de entrega: ver punto 7.15 do prego de prescricións técnicas particulares (anexo III) para a vacina antigripal e a vacina antipneumocócica, e punto 5 para o resto de vacinas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

Sete millóns trescentos corenta e seis mil noventa e dous euros (7.346.092 A).

Ano 2002: 1.879.322 A.

Ano 2003: 5.466.770 A.

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación de cada lote ó que se concorra. No caso de que se licite a dous ou máis lotes podrase constituír unha única garantía provisional equivalente ó 2% do importe de licitación que sumen os lotes ós que se concorra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro, s/n, 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 xullo 2002.

b) Documentación a presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas A.M. do día 31 xullo 2002 na sala 2.2 do edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro (ver punto 6).

10. Outras informacións: o anuncio de información previa referente ó mesmo contrato foi publicado no Diario Oficial das Comunidades Europeas, do día 26-3-2002, co seguinte número: 2002/S 60-046737.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a seis mil trescentos dez euros (6.310 A).

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 3 xullo 2002.

13. Página web onde obtener información relativas á convocatoria ou donde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos