Visto o expediente instruido para efectos de transmisión do viveiro Tito II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 27 de decembro de 2001, Javier Rodríguez Muñiz, solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Tito II.
Segundo.-O informe do servicio de protección dos recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería,
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivo a favor de Rodríguez-Landín, S.L. (B36394856) da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Tito II.
Situación:
Cuadrícula nº: 1.
Polígono: B.
Distrito: Portonovo (Pontevedra).
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde outorgamento: 27-5-1964.
Remate vixencia: 26-6-2004.
Actual titular: Javier Rodríguez Muñiz (35308358T).
Novo titular: Rodríguez-Landín, S.L. (B36394856).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 10 de xaneiro de 2002.
(P.D. do 14-6-1999, DOG nº 120, do 24-6-1999)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra