Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 01/0000601/2002 IN, interposto polo Sindicato Labrego Galego.

Recibida resolución da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 01/0000601/2002 IN, interposto polo Sindicato Labrego Galego contra o Decreto 63/2002, do 28 de febreiro, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en

materia agroalimentaria, esta dirección xeral acorda remiti-lo expediente administrativo e emprazar para un xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento para que poidan comparecer como parte ante a dita Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de nove días, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Promoción

Agroalimentaria