Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o aproveitamento das augas minero-medicinais do manancial de Laias, no concello de Cenlle (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense informa que, examinada a solicitude e documentación presentada pola sociedade Gestión de Balnearios, S.L. para dar trámite á autorización do aproveitamento do manancial de Laias nº 38, sendo declaradas as súas augas como minero-medicinais por Resolución do 3 de novembro de 1998, tramitado posteriormente o expediente cumprindo tódolos preceptos regulamentarios, e tendo en conta as alegacións que se presentaron no período de información pública.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, á vista de tódalas actuacións, resolveu tendo en conta os informes preceptivos, desestima-las alegacións referentes á falta de xustificación do perímetro. En canto as alegacións que se presentaron sobre as limitacións que causaba o perímetro en diversas actividades, asumíronse coa publicación do Decreto 116/2001, do 10 de maio, publicado o 28 de maio no Diario Oficial de Galicia, polo que queda modificado o anexo I do Decreto 402/1996; polo tanto desaparecen as causas que motivaron as alegacións presentadas.

Polo que, de acordo co anterior, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autorizar á sociedade Gestión de Balnearios, S.L., con domicilio na avda. de Pontevedra, nº 5-1º, Ourense, nas condicións sinaladas na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manantial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 402/1996, do 31 de outubro, antes sinalado e demais normas de aplicación, o aproveitamento das augas procedentes do manancial Laias, cun caudal de 3 1/s e cun perímetro de protección definido por tres zonas que quedan

determinadas polos vértices dos que se indican as coordenadas a seguir:

-Zona de restriccións máximas (ZMA):

Círculo de 12 metros de raio co centro na captación (situada esta no punto de lonxitude 8º 01' 48.18'' e latitude 42º 19' 41.36'' N).

-Zona de restriccións medidas (ZME):

V.18º 03' 18.83''42º 19' 24.25''

V.28º 02' 46.25''42º 20' 24.61''

V.38º 01' 16.91''42º 20' 22.66''

V.48º 00' 09.21''42º 20' 06.42''

V.58º 00' 13.74''42º 19' 34.03''

V.68º 01' 06.28''42º 19' 12.77''

V.78º 02' 16.79''42º 19' 09.96''

-Zona de restriccións míminas (ZMI):

V.18º 04' 13.08''42º 19' 48.62''

V.28º 01' 46.73''42º 20' 58.15''

V.37º 59' 48.78''42º 21' 08.58''

V.47º 59' 55.51''42º 19' 35.07''

V.58º 02' 21.92''42º 18' 20.40''

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación no BOE, de acordo co regulado no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, de modificación da anterior.

Ourense, 6 de xuño de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL