Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do centro de traballo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A. no Burgo-Culleredo (servicio de auga e saneamento).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do centro de traballo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A. no Burgo-Culleredo (servicio de auga e saneamento), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-5-2002, e complementado o 10-6-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 23-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xuño de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

No Burgo-Culleredo, ás doce horas do 23 de xaneiro de 2002, reúnese a comisión mixta do convenio

colectivo de Gestión y Técnicas del Agua, S.A. para os servicios de auga e saneamento do centro de traballo do Burgo-Culleredo.

Dunha parte, Carlos Suárez Couceiro, na súa calidade de representante dos traballadores do centro descrito.

E doutra parte, Antonio Pérez Morales, en nome e representación de Gestagua, S.A.

Acordan:

Primeiro.-Ámbalas partes se recoñecen capacidade e lexitimidade suficientes para fixa-las novas táboas salariais para o ano 2002 do conveio colectivo de traballo anteriormente citado.

Segundo.-Aproba-la táboa salarial anexa a esta acta, unha vez efectuada a suba salarial para o ano 2002. Para establecela, partiuse dos salarios habidos ó 31 de decembro de 2001, máis o incremento establecido no artigo 26 para este ano.

A suba salarial aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Terceiro.-As partes remitirán a acta co anexo correspondente á autoridade laboral competente, para efectos do seu rexistro e publicación.

E sen máis asuntos que tratar, asinan esta acta no lugar e data ó principio indicados.

Representantes dos traballadores

Representante da empresa

ANEXO I

Táboa salarial 2002

Grupos

Salario base

mensual

(euros)

Complemento

transporte

(euros)

Retribución

anual

(euros)

-Grupo primeiro

Peón730,4786,6611.179,83
Peón especialista739,7686,6611.309,89
Axudante752,1486,6611.483,22
Lector755,2386,6611.526,48

-Grupo segundo

Auxiliar administrativo758,3386,6611.569,89
Oficial 2ª administrativo767,6286,6611.699,96
Oficial 1ª administrativo780 86,6611.873,28
Oficial 3ª761,4286,6611.613,15
Oficial 2ª773,8186,6611.786,62
Oficial 1ª786,1986,6611.959,95

-Grupo terceiro

Capataz835,7186,6612.653,26
Encargado897,6186,6613.519,90

-Grupo cuarto

Xefe de servicio959,5286,6614.386,55
Titulado medio1.052,3786,6615.686,51

-Grupo quinto

Titulado superior1.114,2786,6616.553,15

Complementos salariais ano 2002 (euros)

Complemento de dispoñibilidade/gardas: 84,14.

Horas extraordinarias: 9,29.

Axudas de custo:

* Axuda de custos por comida ou cea: 10,84.

* Axuda de custos por aloxamento e almorzo: 37,14.

Quilómetros: 0,20.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA