Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.731

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia, que foi subscrito con data do 21 de febreiro de 2002 pola comisión paritaria do dito convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 de Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

A comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade, en reunión celebrada o 21 de febreiro do 2002, acordou o seguinte:

Punto 1º. Revisión salarial para 2002.

Os representantes da parte social propoñen aplica-la revisión salarial prevista no texto do convenio, de acordo co IPC publicado no 2001, que é dun 2,7%, e que se aplique a tódolos conceptos salariais.

A representación patronal está de acordo en aplica-la devandita revisión, adoptándose o acordo por unanimidade.

Xúntanse como anexo as novas táboas salariais.

ANEXO

Táboas salariais ano 2002

Convenio terceira idade-2002

Categoría profesional

Ano 2002

Salario base/mes

Euros

Administrador/a194.1441.166,83
Xerente/director194.1441.166,83
Médico161.786972,35
Titulado superior161.786972,35
Supervisor/a129.426777,87
ATS/DUE129.426777,87
Asistente social129.426777,87
Fisioterapeuta129.426777,87
Terapeuta ocupacional129.426777,87
Titulado/a medio129.426777,87
Gobernante/a104.190626,19
Oficial de mantemento104.190626,19
Oficial administrativo104.190626,19
Conductor/a104.190626,19
Xardiñeiro/a104.190626,19
Xerocultor/a104.190626,19
Cociñeiro/a102.248614,52
Auxiliar mantemento102.248614,52
Auxiliar administrativo102.248614,52
Camareiro/a planta102.248614,52
Animador/a sociocultural102.248614,52
Porteiro/a recepcionista102.248614,52
Lavand./ferro de pasar94.904570,38
Auxiliar cociña94.904570,38
Limpador/a94.904570,38
Persoal non cualificado94.904570,38
Complemento de transporte6.47138,89