Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de maio de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Abaixo e Rexedoiro pertencentes á parroquia de San Andrés de Cesar do concello de Caldas de Reis.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro do 2002, acordou inicia-los trá

mites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Caldas de Reis.

Parroquia: Cesar.

Nome do monte: Abaixo.

Cabida: 22.999 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares e camiño de servicio.

Leste: pista asfaltada.

Sur: propiedades particulares muro por medio, camiño de servicio.

Oeste: camiño de servicio e propiedades particulares muro por medio.

Servidumes: atópase atravesada por varios camiños de servicio.

Estremas:

Norte: Arturo Rey Martínez, Veneranda Miguens Brey.

Descrición: poboada por fustal de pinus pinaster e carballo en masa aberta con matogueira de silvas e xestas. No extremo suroeste localízase unha canteira abandonada e no sudeste un vertedoiro incontrolado.

Nome do monte: Rexedoiro.

Cabida total: 55.985 m (superficie alegada na solicitude). Divídese en dúas parcelas:

Parcela A: situada ó oeste da estrada de Caldas a San Clemente.

Cabida: 54.859 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e estrada de Caldas a San Clemente.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: camiño de servicio e propiedades particulares muro por medio.

Servidumes: atravesada por varios camiños de servicio e por liña telefónica.

Estremas:

Norte: José González Villar.

Leste: Celestino Rodríguez Ortigueira, hdeiros. de Manuel Martínez Caramés, Carmen Barral Otero.

Descrición: poboada por latizal de pinus pinaster e carballo en masa aberta con matogueira de toxos, xestas e silvas. Parcialmente rasa obsérvase aproveitamento de esquilmos en varios puntos. No seu límite leste coa estrada de Caldas a San Clemente localízase un vertedoiro incontrolado pechado por cercado de arame.

Parcela B: situada ó oeste da estrada de Caldas a San Clemente.

Cabida: 1.126 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: estrada de Caldas a San Clemente.

Leste: propiedades particulares, muro por medio.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: estrada de Caldas a San Clemente.

Descrición: é un sobrante de estrada poboado por pés de pinus pinaster.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 27 de maio do 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra