Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2002 pola que se somete a trámite de información pública o estudio de efectos ambientais relativo ó proxecto de modificación das características concesionais dun aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Verdugo, concello de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra, promovido por Hidrofreixa, S.L. (Expediente 1/298/9 Feixa II).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de modificación da concesión outorgada para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo presentada co proxecto das obras e mailo estudio medioambiental correspondente.

Levada adiante polo órgano competente a cualificación ambiental segundo o sinalado no artigo 1.2º da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, o proxecto foi cualificado como sometido a avaliación de efectos ambientais e, en cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, Augas de Galicia someterá o estudio de efectos ambientais achegado, para os efectos do seu coñecemento xeral, ó trámite de información pública, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por

escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes, personalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o Rexistro Xeral do organismo autónomo Augas de Galicia-rúa Camilo Díaz Valiño 7-9, 15781, Santiago de Compostela-e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles establecido para o efecto.

O prazo comezará a computarse a partir da data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Trascorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito algún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción no Diario Oficial de Galicia será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ponte Caldelas, na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra e nas dependencias de Augas de Galicia, Servicio Territorial da Demarcación Centro.

Polo tanto, os que se consideren interesados terán á súa disposición para os devanditos efectos informativos, copia da petición e dos exemplares da documentación ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Augas de Galicia. Servicio Territorial da Demarcación Centro, praza de Vigo nº 2 entresollado, 15701, Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, complexo administrativo San Lázaro, s/n 15703-Santiago de Compostela. A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, rúa Nova de Abaixo nº 2, 36071 Pontevedra.

-Concello de Ponte Caldelas, avda. de Galicia s/n, 36828 Ponte Caldelas, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente de Augas de Galicia