Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-293/01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que se relacionan a seguir, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OU-E-293/01.

Denunciado: Julio Cerredelo Diz.

DNI: 34957251.

Enderezo: Barrio Los Rosales, 33-1º D (Ourense).

Establecemento: Podium, praza Alameda de Verín.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Importe da sanción: 300,51 euros.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, ou na Cta. Contable 840 Código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en avda. Habana, 79-2ª esquerda en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 10 de xuño de 2002.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense