Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 81/2002.

Non atopándose no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, todo iso segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 81/2002.

Acta inf.: 370/2001.

Empresa: Construccioens Remesar, S.L.

NIF/DNI: B-35657188.

Domicilio: Lugar de Agra, s/n, Sarria.

Materia: prevención de riscos laborais.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Publicación en BOP.

Proposta de sanción: 1.502,54 euros.

Lugo, 7 de xuño de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo