Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 15 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso de actividade do establecemento que se describe:

-Características do establecemento:

Tipo: cetaria.

Nome: María Celia Soto Balseiro.

Actividade: mantemento de crustáceos.

Situación: edificio O Cruce nº 3-San Cibrao-Cervo (Lugo).

-Solicitante:

María Celia Soto Balseiro. DNI/CIF: 76564469.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa, física ou xurídica, poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición:

Servicio de Acuicultura.

Dirección xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Edificio administrativo San Caetano.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña

lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS