1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.
c) Número do expediente: C/194-2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición edición de carpetas de saúde infantil.
b) Número de unidades que se van entregar:
c) División por lotes e número: non hai.
d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.
e) Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Ordinaria, aberto e concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cincuenta e un mil cen euros (51.100 euros).
5. Garantía provisional.
Non.
6. Obtención de documentación e información.
Consellería de Sanidade, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 543618 e telefax: 981 542762.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte o día seguinte á publicación deste anuncio Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
Terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde o remate do prazo de presentación das ofertas.
10. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a catrocentos vinteún (421 euros).
11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos