Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto de servicio, para unha enquisa para o estudio da cobertura vacinal documentada, así como a gravación e depuración de tódolos seus datos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C/218-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dunha enquisa para o estudio da cobertura vacinal documentada, así como a gravación e depuración de tódolos seus datos.

b) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 105 días naturais desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e dous mil euros (42.000 euros).

5. Garantía provisional.

Non.

6. Obtención de documentación e información.

Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 543618 e telefax: 981 542762.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde o remate do prazo de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a trescentos cinco euros (305 euros).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos