Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a L.M.T. a 66 kV parque eólico de Peña Armada-subestación eléctrica de Friol, no concello de Friol. (Expediente 14/2001 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Betanzos, 1-1º esq., A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1ª. María Varela Fuciños, Carmen Varela Varela e Fe Varela Fuciños que presentan tres escritos de alegacións substancialmente iguais nos que manifestan a existencia dun erro en canto a titularidade da súa parcela por pertencer a tres persoas e non a unha, como inicialmente figuraba na relación de bens e dereitos. Así mesmo, alegan que o impacto ambiental que supón a liña é superior o rendemento que xera. En último lugar, manifestan que o trazado da liña prexudica gravemente a súa parcela polo que entenden que a liña debería discorrer polo lindeiro dela.

2ª Plácido Jul Pernas que solicita que lle sexa remitida documentación para a identificación da súa parcela, ademais sinala que o seu predio sufrirá unha grave deterioración paisaxística e contaminación acústica limitando as súas posibilidades productivas do arboredo.

3ª. José Ángel Pacín Núñez, como presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Xiá, afectada polo trazado desta liña, que manifesta, á vista da relación de bens e dereitos afectados polo trazado da liña que nos ocupa, que foi sometida a información pública xunto a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución desta, que algúns predios do parcelario que figura na devandita relación de bens a nome de terceiros, en realidade, son propiedade da Comunidade de Montes de Xiá. Para xustificar este punto acompaña diversa documentación.

Neste sentido, invocando os artigos 2 e 13 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, solicita que se lle requira á empresa beneficiaria do proxecto que corrixa a relación de bens e dereitos.

Por último, solicita, ó abeiro do artigo 6 da devandita Lei 13/1989, que se remita o expediente á Consellería de Medio Ambiente para tramita-lo correspondente expediente de prevalencia.

4ª. José Montecelo Espiño, que manifesta que a empresa beneficiaria do proxecto non se puxo en contacto co alegante para negocia-la indemnización que lle corresponda polo paso da liña, paso ó que non se opón, sempre e cando se produza unha compensación adecuada.

5ª. Ramón Varela López, que alega que os predios 187, 188 e 189 da relación de bens e dereitos afectados, dos que é titular o alegante, son en realidade un so predio, que non está destinado a monte alto, eliminándose a maleza e arboredo, co obxecto do seu acondicionamento e segregación en parcelas destinadas á construcción de vivendas. Por todo iso solicita que tal parcela non sexa obxecto do procedemento expropiatorio.

6ª. Jesús Ares Casanova, Ramón Freire Villar e Balbino Sánchez Salgado, que manifestan con respecto ás súas parcelas a existencia de erros en canto a cualificación do terreo, así como a existencia de distintas clases de arboredo, circunstancia que deberá terse en conta co fin de realizar unha correcta valoración, tanto do solo, como dos demais bens afectados polo trazado da liña.

7ª. José Ares Zas que, con respecto ás parcelas nº 30, 49 e 101, da súa propiedade, manifesta a existencia de erros en canto á cualificación do terreo así como a existencia de diferentes clases de arboredo, todo o cal deberá terse en conta co fin de realizar unha correcta valoración dos bens afectados. Con respecto á parcela nº 67, e para os mesmos efectos, manifesta que se atopa a menos de cen metros da casa, formando parte do agro desta.

8ª. Jesús Ares Casanova, no referente á parcela 53, da súa propiedade, manifesta que, por se-la única de tamaño considerable que posúe cerca das demais casas, da súa casa vella e dos cortellos, tiña previsto construír nela unha casa que non poderá construír agora debido a que o predio se ve afectado polo paso da liña nunha gran superficie, circunstancia que tamén deberá terse en conta co fin de realizar unha correcta valoración dos bens afectados.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1ª. En canto ó manifestado por María Varela Fuciños, Carmen Varela Varela e Fe Varela Fuciños porque, con respecto á cotitularidade do predio, tomouse nota, tanto por parte da empresa beneficiaria, como desta delegación, de tal circunstancia, outorgándolle ás tres alegantes a condición de interesadas neste expediente. No referente ó posible impacto ambiental da liña, cómpre indicar que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é coñecedora do seu trazado e adoptou as medidas necesarias para a protección do contorno. Por último, en canto á solicitude de modifica-lo trazado de xeito que a liña discorrese polo lindeiro do predio, cómpre indicar que a variante proposta non cumpre os requisitos establecidos no artigo 161 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

2ª. Polo que respecta ó manifestado por Plácido Jul Pernas, por canto lle foi remitido o plano parcelario solicitado no que se reflicte o trazado da liña ó paso pola súa parcela. Por outra banda, en canto á deterioración do seu predio e a limitación na producción de arboredo que lle ocasiona a imposición da servidume de paso da liña, cómpre indicar que tales prexuízos serán obxecto da oportuna valoración e indemnización para o que se tramitará a correspondente peza separada de prezo-xusto segundo o procedemento establecido nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa.

3ª. En canto ó manifestado por Ángel Pacín Núñez, cómpre indicar en primeiro lugar, a total inconrreción do alegante en canto á identifica-los predios os que se refire na súa alegación. En segundo lugar, que a propia carpeta-ficha do monte veciñal recoñece a existencia de predios particulares ó establecer que «o linde do monte con predios particulares non pode ser moi preciso se se ten en conta que estas invadiron terreos do monte que foron parcelados... en canto de que este monte chegara a ser cualificado como veciñal en man común, tal vez fora necesario un deslinde parcial...». En terceiro lugar, non consta que tal deslinde fora efectuado nin inscrito no rexistro da propiedade, como tampouco está inscrito o propio monte veciñal segundo se desprende da nota simple informativa do Rexistro da Propiedade de Lugo. De todo iso pódese concluí-la debilidade da argumentación de titularidade realizada polo ale

gante. Non obstante o anterior, débese manifestar que non corresponde a esta delegación provincial, senón ós tribunais ordinarios, decidir sobre a titularidade dos terreos en cuestión, polo que, tal e como di o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en todo caso, a esta delegación provincial o que lle correspondería sería entende-las dilixencias co Ministerio Fiscal, sen prexuízo de ter como parte no expediente a quen presente títulos contradictorios sobre o obxecto que se trata de expropiar (sen que en ningún caso se paralice o expediente expropiatorio).

Polo que respecta á solicitude de que se substancie o correspondente expediente de prevalencia, en virtude do establecido no artigo 6 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de montes veciñais en man común, cómpre indicar que a solicitude de prevalencia estase a tramitar polo órgano administrativo competente segundo consta no expediente que nos ocupa.

4ª. Polo que respecta ó alegado por José Montecelo Espiño, cabe indicar que a empresa beneficiaria manifestou terse posto en contacto co interesado para tratar de chegar a un acordo amigable tal e como este demandaba. Non obstante, en caso de que non chegaran a un mutuo acordo, tramitarase a correspondente peza separada de prezo xusto co obxecto de fixa-la indemnización que proceda polos prexuízos que lle ocasione a imposición da servidume.

5ª. En canto ó manifestado por Ramón Varela López, cómpre dicir que a empresa beneficiaria tomou nota da reparcelación do predio. Por outro lado, os prexuízos que se lle ocasionen ó afectado serán obxecto da oportuna indemnización, logo de valoración destes, para o cal se definirán no levantamento da acta previa a ocupación (trámite para o que será oportunamente citadoi Ramón Varela López), as características do terreo afectado pola imposición da servidume de paso da liña.

6ª. No referente ó alegado por Jesús Ares Casanova, Ramón Freire Villar, Balbino Sánchez Salgado e José Ares Zas, cómpre indicar que no momento do levantamento das actas previas á ocupación das parcelas, acto para o que serán oportunamente citados os alegantes, definiranse de forma exacta as características do terreo así como as árbores e demais bens afectados co fin de que poidan ser obxecto da oportuna valoración e indemnización polo Xurado Provincial de Expropiación para o que se tramitará a correspondente peza separada de prezo xusto.

7ª. Con respecto ó manifestado por Jesús Ares Casanova referente á parcela nº 53, cómpre indicar que os prexuízos que lle ocasione a imposición da servidume de paso, como reiteradamente se dixo, serán obxecto da correspondente valoración e indemnización polo Xurado Provinical de Expropiación para o que se substanciará o oportuno expediente segundo o procedemento regulado nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa, procedemento no que o alegante poderá presenta-la súa folla

de aprecio na que concrete o valor dos prexuízos que o paso da liña lle poidan ocasionar.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación, ós que se refiren o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e vista a Lei 54/1999, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV, para interconexión do parque eólico de Peña Armada e a subestación eléctrica de Friol, de 8.307 m de lonxitude composta por un circuíto con un conductor por fase LA-180 sobre apoios metálicos de celosía.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terrenos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Aproba-lo proxecto de execución da liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV parque eólico de Peña Armada-subestación eléctrica de Friol, subscrito polo enxeñeiro industrial Fernando Fenoll Recio e visado polo COIIG con número 479/2001 con data 14-6-2001, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000, e visto o contido do informe técnico con data do 7 de xaneiro de 2002.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordo que polo representante da Administración, dea comezo, en data e hora que a cada

interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso con data do 23 de xaneiro de 2002, Diario Oficial de Galicia con data do 22 de xaneiro de 2002 e no BOP de Lugo con data do 29 de xaneiro de 2002, e expostas no taboleiro de anuncios desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Friol. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra el apoderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 21 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo