Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.672

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, do tribunal IV-B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 05 (oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio (proba práctica) da fase de oposición.

Na sesión celebrada o día 26 de xuño de 2002, o tribunal IV-B designado pola Orden do 10 de decembro de 2001 para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 160, do 20 de agosto), acordou:

1. Que o segundo exercicio (proba práctica) para os aspirantes que superaron o primeiro exercicio das probas selectivas para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV, realizarase os días 9 e 10 de setembro de 2002 no Instituto de Ensinanza Secundaria Compostela, sito en Lamas de Abade, s/n, en Santiago de Compostela, segundo o calendario de actuación que se indica:

DíaPresentaciónQuendaOpositores

9-9-20029 horasLibreDe Teijeiro a Vites e de Abelleira a Ave

11 horasLibreDe Baldomir a Cruz

13 horasLibreDe Dafonte a Fernández

17 horasLibreDe Ferreiro a Guzmán

10-9-20029 horasLibreDe Iglesia a Muiño

11 horasLibreDe Novoa a Riveiro

13 horasLibreDe Rocha a Souto

17 horasP. internaTodos

2. Os aspirantes deberán acudir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e con bolígrafo.

3. Así mesmo, para a realización desta proba práctica deberán comparecer provistos da vestimenta apropiada e do instrumental mínimo necesario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Xavier Mª Lope de Toledo Manzano

Presidente do tribunal