Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.672

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de xullo de 2002 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Publica, por Orde do 25 de marzo de 2002 (DOG nº 70, do 11 de abril), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se cita no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa a funcionaria, así como daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes

dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

NRP: 34.978.557.57 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Varela García, María Mar.

Posto de traballo: secretario/a.

Nivel: 18.

Código posto: PR.C07.00.000.15770.002.

Centro directivo: Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

Localidade: Santiago de Compostela.