Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002 pola que se convocan cursos de inglés e francés.

Dentro do programa de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para os anos 2002/2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da ins

tancia e certificación que, como modelo oficial, se recollen nos anexos II e III desta resolución, respectivamente.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

3. O prazo de presentación de instancias rematará o día 19 de agosto de 2002.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. A selección efectuarase de acordo co previsto para cada curso no anexo I.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá realiza-las probas ou a presentación dos traballos que considere oportuno.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia da certificación recibida ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de seleccionados sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente. O mesmo poderá suceder se durante a realización do curso se constata unha inasistencia inferior a esa cifra.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: inglés medio.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa o fixeron anteriormente. A selección efectuarase en función do resultado dunha proba escrita de nivel de coñecementos de inglés que terá lugar o día 3 de setembro no salón de actos da EGAP ás 17.30 h. Dentro do nivel adecuado darase preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso e ó persoal fixo sobre o temporal.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 150 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de setembro de 2002 a xuño de 2003.

3.4. Horarios: martes e xoves, de 17 a 19 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

-Consolidación dos tempos verbais, facendo fincapé na correspondencia dos tempos: condicionais, compostos, etc.

-Profundización no uso dos phrasal verbs.

-Adquisición de vocabulario especializado.

-Pronuncia-las formas distintas da lingua inglesa, e a súa compresión.

-Desenvolvemento de ideas complexas.

Curso: inglés superior.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos máis profundos da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa o fixeron anteriormente. A selección efectuarase en función do resultado dunha proba escrita de nivel de coñecementos de inglés que terá lugar o día 3 de setembro ás 17.30 h. Dentro do nivel adecuado darase preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso e ó persoal fixo sobre o temporal.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 150 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de setembro de 2002 a xuño de 2003.

3.4. Horarios: martes e xoves, de 19 a 21 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

-Consolidación dos tempos verbais, facendo fincapé na correspondencia dos tempos: condicionais, compostos, etc.

-Profundización no uso dos phrasal verbs.

-Adquisición de vocabulario especializado.

-Pronuncia-las formas distintas da lingua inglesa e a súa compresión.

-Desenvolvemento de ideas complexas.

Curso: francés básico.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos da lingua francesa.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, da Adminsitración local, das universidades de Galicia, do Parlamento de Galicia, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. A selección farase de acordo co previsto con carácter xeral na resolución da escola do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto), dando prefererencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso e ó persoal fixo sobre o temporal.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 150 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de setembro de 2002 a xuño de 2003.

3.4. Horarios: luns e mércores de 17 a 19 horas.

3.5. Prazas. 20, das que 11 serán para a Administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Contido.

Vocabulario. Pronuncia. Estructuras gramaticais. Comprensión básica. Formulación e contestación de preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

Curso: francés medio.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua francesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países francófonos.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa o fixeron anteriormente. A selección efectuarase en función do resultado dunha proba escrita de nivel de coñecementos de francés que terá lugar o día 4 de setembro no salón de actos da EGAP. Dentro do nivel adecuado darase preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso e ó persoal fixo sobre o temporal.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 150 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de setembro de 2002 a xuño de 2003.

3.4. Horarios: luns e mércores, de 19 a 21 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta, sempre que reuna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

Vocabulario. Pronuncia. Estructuras gramaticais. Comprensión básica. Formulación e contestación de preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

ANEXO III

D./Dª..., secretario/a xeral/delegado/a provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/Delegación Provincial de...

CERTIFICO:

Que don/dona..., no desempeño do seu posto de traballo de... realizar tarefas directamente relacionadas co contido do curso...

..., ... de... de 2002.

Asdo.:...

Especifique a denominación do curso solicitado.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA